[Grecia] Declaración do compañeiro Nikos Maziotis, membro da guerrilla urbana anarquista Loita Revolucionaria, no xuízo en marcha contra a organización

mazio-1024x768Tiro de Instinto Salvaje e traduzco ao galego a seguinte declaración de Nikos Maziotis, compañeiro preso en Grecia pola súa actividade coma membro recoñecido da guerrilla urbana anarquista Loita Revolucionaria, no xuízo que se está a desenvolver contra a organización.

O ataque armado da Loita Revolucionaria contra a policía antidisturbios en Exarchia foi unha das accións máis importantes da organización. Foi unha acción política e social lexítima en represalia polo asasinato de Alexandros Grigoropoulos de 16 anos de idade, polos policías Korkoneas e Saralioti, que tivo lugar o 6 de decembro de 2008. Este asasinato foi o resultado da intensificación da violencia policial nos últimos anos, e desenvolveuse baixo condicións de intensas reformas neoliberais e da “guerra contra o terrorismo” no mesmo período.

En particular, este desenvolvemento adquiriu dimensións maiores na primavera do 2007, cando existiron enfrontamentos violentos e ataques no centro de Atenas de estudantes, rapaces e anarquistas contra escuadróns da policía antidisturbios, as protestas eran en contra do proxecto de lei do Ministerio de Educación para promover a privatización da educación.

O entón ministro de Orde Pública, Byron Polidoras, ao asumir o cargo de maneira veraz, referiuse á policía como “pretorianos”, e cando despois destes disturbios seguiron ataques anarquistas ás comisarías de Exarchia e Papagos, declarou que “a policía ten nervios constantes”, polo que poden sacar con seguridade as súas armas. Esencialmente, con isto máis ou menos deu a luz verde de abrir fogo contra manifestantes desarmados, rapaces e anarquistas. Ao mesmo tempo había un clima promovido polo Estado e o Ministerio de Orde Pública, con declaracións deste mesmo ministro e tamén da unión policial, promovendo a limpeza dxs anarquistas de Exarchia, falando da reclamación de Exarchia para o Estado. Agora existe un debate e contra-debate similar entre o goberno de Syriza e o principal partido de oposición Nova Democracia.

A Loita Revolucionaria advertira en abril de 2007, cando bombardearon a segunda comisaría de Nea Ionia en Perissos, que a intensificación da violencia policial resultaría en mortes por fogo policial e que nese caso respostariamos da mesma maneira. De feito, esta intensificación da violencia policial produciuse un ano e medio despois, cando unha patrulla policial terminou nunha escaramuza con algunhxs rapazxs na rúa Messologi en Exarchia e terminou co asasinato do rapaz Grigoropoulos polos “valentes” Korkoneas e Saralioti.

A Loita Revolucionaria (coherente coa advertencia dada cando atacamos a citada comisaría) procedeu con ataques contra a policía antidisturbios, inicialmente en Kokkinopoulou en Zografou, como un ensaio xeral, e logo en Exarchia o 5 de xaneiro de 2009, na intersección de Kountouriotis e Zaimi, onde había garda conformada por tres policías antidisturbios. Esta operación, á parte dos resultados tanxibles, cun policía antidisturbios gravemente ferido, cuxa vida foi salvada por sorte, cos seus dous colegas buscando salvar as súas propias vidas, e os outros policías que non están dispostos nin a axudalos, nin a perseguir axs membros de Loita Revolucionaria, o que ten un significado político máis amplo.

O significado político desta acción non se limitou só a unha acción de represalia por tal asasinato, senón que foi unha moita maior. (Como o estalido da crise financeira global que comezou nos Estados Unidos no 2007 co estalido das burbullas dos préstamos subprime e que se globalizou co colapso de Leman Brothers en setembro do 2008) E dada á precaria situación da economía grega debido á súa alta débeda, predixo un período de turbulencia, un período de desestabilización estrutural, xa que o país estaba a entrar no vórtice da crise para partir do 2009 e posto que o goberno veríase forzado a tomar medidas que causen a deslexitimación social do sistema. Efectivamente, a Loita Revolucionaria predixo en 2009 a época dos memorandos e as políticas de austeridade, con que as directivas do FMI impoñerían ao país.

Nestes tempos, cando o sistema está en crise, crise-económica, crise do sistema político da democracia representativa, crise de confianza e lexitimidade ante a maioría da sociedade, este período abre, ao noso xuízo, unha oportunidade para tentar unha ruptura co sistema financeiro e político, facer un intento revolucionario para facer unha forte forza política organizada revolucionaria, un movemento revolucionario que utilizaría a loita armada para derrocar o capital e o Estado.

O levantamento de decembro do 2008, o maior levantamento xuvenil da historia grega moderna (e tal vez en Europa nos últimos anos), foi unha resposta ao asasinato de Grigoropoulos e avergoñou ao réxime ata o punto de considerar a posibilidade de declarar a lei marcial. Isto demostrou as condicións explosivas de rabia que subxacen na sociedade grega no momento en que o réxime se enfrontou inicialmente á crise que un movemento revolucionario podería explotar para derrocar ao réxime.

Antes do asasinato de Grigoropoulos polos policías Korkoneas e Saralioti, a Loita Revolucionaria deseñara accións estratéxicas para golpear estruturas, mecanismos ou persoas do sistema económico e político responsables da crise e a súa xestión. No outono do 2008 xa decidiramos golpear á bolsa de Atenas cunha gran carga de explosivos, pero despois do asasinato de Grigoropoulos a organización decidiu pospoñer esta campaña de accións e atacar ás forzas de represión.

A Loita Revolucionaria, no comunicado que reclamaba a responsabilidade dos ataques armados contra a policía antidisturbios, declarou claramente que un intento de derrocar ao réxime en crise inclúe necesariamente a loita armada, necesaria para eliminar as forzas de seguridade do réxime.

O ataque da organización aos tres policías antidisturbios o 5 de xaneiro do 2009, que resultou en graves lesións a un deles, e a reacción de inercia dos outros dous e do resto da escuadra colocados a uns pasos máis abaixo en Bouboulinas Street, mostrou que algúns combatentes, formalmente desentrenados, coa súa vontade e determinación poden neutralizar e facer que estes pretorianos do réxime, a policía, non poidan reaccionar. Sería unha lección política útil se se formase un movemento revolucionario no futuro inmediato, que utilizaría a acción armada para socavar e derrocar ao réxime en xeral.

Imaxinádevos, por exemplo, o que sucedería se polo menos unha parte dos miles de persoas que en repetidas ocasións trataron de asaltar o parlamento no período dos votos de memorando, en maio do 2010 ou en febreiro do 2012, posuísen armas.

Neste caso, ningunha forza policial, nin a forza da policía antidisturbios, nin a EKAM serían capaces de deter a un pobo armado decidido a apoderarse do parlamento, esa gorida dos executores políticos do pobo, dos que son instrumentos e serventes dxs usureirxs extranxeirxs e locais, os bancos, as multinacionais, os mecanismos do capitalismo internacional, todxs xs responsables da implementación de programas de austeridade que levaron á pobreza xeneralizada, a miseria e miles de mortes.

Loita Revolucionaria avogou con este ataque por unha Comuna armenia ateniense seguindo o exemplo da Comuna de París de 1871, a primeira revolución armada proletaria. Isto é realmente o gran significado político deste ataque. Que só por unha revolución libérase á sociedade, ao pobo, axs traballadorxs dos grilletes do capital e do Estado, e que o uso da loita armada é esencial e necesario para derrotar ás forzas de seguridade que protexen ao Estado e axs capitalistas. O ataque do 5 de xaneiro do 2009 foi unha pequena confirmación desta posición e, como Loita Revolucionaria, deixámoslles este legado político á sociedade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: