[Alemaña] Antifascistas invaden e destrozan a vivenda dun neonazi en Leipzig

Recollemos de Instinto Salvaje, traducimos e espallamos este comunicado reclamando todos os destrozos causados por un grupo de antifascistas no piso onde ten a súa vivenda habitual un coñecido neonazi alemán. As asaltantes acudiron ao domicilio aproveitando que estaba baleiro, botaron a porta abaixo e esnaquizaron e mancharon canto puideron.

Mentres Repaczki estaba probablemente no derby cos seus compañeiros, fixemos unha visita á súa casa. Tivemos a oportunidade de facer inhabitable o apartamento co uso a gran escala de betún, a destrución das instalacións de fontanería/tocador, aparellos eléctricos e outros mobles.

El é un neonazi activo de longa data, un empregado a tempo parcial do grupo parlamentario do NPD, e activo na “Junge Nationaldemokraten”, e anteriormente con “Freie Widerstand Leipzig” e “Jugendsturm Leipzig”. Istvan apareceu varias veces en Legida, tomou parte no ataque nazi a Connewitz o 11 de xaneiro do 2016 e foi un fotógrafo da “Imperium Fighting Championship”.

Repaczki non é o primeiro nin será o último bastardo nazi en ser considerado responsable da organización fascista e de ataques como o do 11 de xaneiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: