Reactivada expoplanetarium.net

img_2740

Expoplanetarium naceu no 2003 como consecuencia dunha exposición celebrada na Casa da Xuventude de Ourense alá polo 2002 co afán de ser o contedor futuro e mostra virtual das obras, artes e maestrías de Adri e de minux. A nosa/vosa web está reactivada despois dun longo tempo de desaparición forzosa e forzada para adaptarse a un medio e outro medio formando un enteiro con novas seccións (Religioni, Algas, Subir ao faiado, Guarrerismo, Desexo, Flor de plástico,  Envasado en cristal, Minicolaxes, Atlas, e Salpica 2.0, entre outras moitas) e desfacéndonos de lastre separando a palla do gran ou era ao contrario? Ben dános igual.

Nesta nova andaina de Expoplanetarium todo está máis accesible para quen se puidera perder no anterior espazo, así non hai desculpas para deleitarse coas artes e maestrías dos servidores de internet. O sitio está dividido en subdivisións e ata ten eventos nos que estivemos e estamos inmiscidos desde o comezo dos tempos. Non imos insistir mais temos un blog dentro de Expoplanetarium (Ultragráfico) para quen quera colaborar. No seu día estivo activo e depende de vós para que siga sendo así. Pero o dito non imos insistir, non imos insistir…
Outro blog Desmundo muda o seu aspecto e promete (mais igual minte) ofrecer escritos e poemas varios de cando en vez.
Lúa Plenur segue aí agardando a agotar existencias e converterse nun supervendas!
Iremos dando a chapa nalgunha rede social sobre as novas seccións para que nos fagades un pouco de caso. Ao mesmo tempo rescataremos cousiñas máis vellas para refrescarvos a mamoria.
Estamos abert@s a todo tipo de insinuacións, reclamacións ou os importunamentos que consideredes.
Ímonos vendo nalgúns bares, paseos e camiños…

 

Informa Expoplanetarium

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: