A desvergoña da existencia de cárceres para persoas que unicamente cometeron o gran erro de nacer no lugar da fronteira equivocado non se acaba aquí. Estes cárceres foron denunciados por vulneración dos dereitos humanos en númerosas ocasións. Son moitos os casos de torturas e asasinatos como os de Mohamed Abagui, Idrissa Diallo ou Aramis Manukyan. Actualmente o CIE de Zapadores (Valencia) atópase pechado temporalmente debido a unha praga de chinches á que non se acaba de poñer solución e somete aos internos a unha tortura cotiá. O CIE de Barcelona reabriu no medio dunha forte polémica por non cumprir as mínimas condicións humanitarias. Hai uns meses as traballadoras sociais solicitaron de novo o peche do CIE de Barranco Seco en Canarias ante as deficientes infraestruturas. Incluso o propio Ministerio do Interior recoñeceu ante un xuíz que non pode garantir as mínimas condicións e que iso podería levar ao peche dos CIE por imperativo legal, como xa denunciou a Campaña Estatal polo Peche dos CIE. Aínda que estes cumprisen unhas condicións humanitarias mínimas, como se pode xustificar o peche de persoas polo simple feito de ser migrantes?
Estas noticias de Barcelona, Valencia ou Madrid poden soarnos un pouco afastadas da realidade que vivimos en Burgos. Pero nada mais afastado da realidade, xa que a lei de estranxeiría, desgraciadamente, aplícase en todo o Estado Español e se nosas veciñas migrantes teñen a mala sorte de estar en situación irregular e encotrarse cun control policial seguramente sexan enviadas a un destes centros.
Nas últimas semanas, como comentamos ao comezo as noticias de motíns nos CIEs de Aluche e Barcelona foron portada de xornais e abriron telexornais. Pero, por que se levantaron as persoas alí encerradas? que reclamaban? Destas preguntas, pouca ou ningunha información recibimos. De feito dáse a absurda situación de que deron mais voz a policias e carceleiros que aos propios presos. Policias que ,segun denuncian os propios presos do CIE de Aluche, tras prometerlles aos amotinados que nada ocorrería se baixaban voluntariamente, deronlles “unha malleira tremenda”, que “tamén pegaron a quen non participou” e que lles foron “tirando da cama un a un ao chan” Policias que, como relata unha presa do módulo de mulleres continuo ao de aluche, se desgañitaban gritando “dálle, dálle que aquí non hai camaras”. É a estes policias aos que se dá voz ás súas reivindicacións de ampliación de numero de efectivos, mentres que se ignoran deliberadamente as peticións dos presos. Peticións tan básicas como esixir atención sanitaría, xa que segun se denuncia non se estava atendendo a persoas enfermas.
Outro motín ocorreu en Barcelona estas últimas semanas, tras este, unha xuíza de Barcelona citou a declarar como investigados por delitos de desordes públicas e danos a media ducia de internos.
Desde aquí queremos sumarnos á voz de Madrid Libre de CIEs cando afirman que “estabamos, estamos e seguiremos nas rúas defendendo os dereitos das nosas veciñas, daquelas que habitan a nosa cidade e loitan contra as fronteiras externas e internas”
Podes atopar mais información sobre os CIEs en: https://cerremosloscies.wordpress.com/
Deixar unha resposta