Un novo motín nun CIE, desta volta en Murcia, deixa 11 migrantes fuxidos e 9 madeiros feridos

3eb86a77faff22d8ef39df8f947907d2-600x450

Tirado de La Rebelión de las Palabras e traducido por Disnomia para Abordaxe.

Segundo informaron diferentes medios da prensa burguesa e da prensa alternativa, o pasado luns pola noite 12 migrantes lograron fuxir do CIE (Centro de Internamento para Extranxeirxs) de Sangonera La Verde, en Murcia, despois de protagonizar unha revolta no interior onde polo menos 9 madeiros sufriron lesións.

As circunstancias da protesta aínda non transcenderían segundo as fontes consultadas, pero a escoria do SUP (Sindicato Unificado de Policía) xunto a outros tres sindicatos policiais xa expuxeron as súas queixas por medio dos seus perfís na rede social Twitter acerca da presunta falta de medios apropiados nos CIE “para responder na xusta medida ás accións violentas protagonizadas polos violentos con barras de ferro”, ademais de denunciar a falta dun protocolo de actuación, circunstancias estas que sinalan como causa de que varios axentes fosen lesionados e polo menos tres madeiros da UIP (Unidade de Intervención Policial, a unidade antidisturbios) tivesen que ser supostamente atendidos en Murcia despois de ser golpeados na cabeza polos internos durante o motín, o que lles teria causado “graves brechas” (debido a que, sempre segundo a versión policial, a dirección do CIE non permite o uso de casco). Ademais, estes mesmos sindicatos afirman que os internos chegarían ao momento de romper as rexas de ventilación “para usalas como obxecto punzante”. A Delegación do Goberno, pola súa banda, cualificaría os feitos como “de extrema violencia”.

Ademais das recentes protestas nos CIE de Aluche (Madrid) e Zona Franca (Barcelona) nas últimas semanas, segundo a prensa, este sería o terceiro motín que se produce neste centro ao longo do último mes, e tamén o máis grave. O primeiro tería lugar o 5 de outubro co resultado de 67 fugas, e o outro o pasado 31 de outubro, coa fuga exitosa de 5 internos.

Os portavoces dos diferentes partidos políticos pediron este martes as comparecencias do ministro do Interior e do director xeral da Policía, como foi a petición de Ciudadanos, segundo comunicou en rolda de prensa Juan Carlos Girauta. O viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Joaquín López, tamén reclamou este martes “urxentemente” ao Goberno de Mariano Rajoy o peche temporal do Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Sangonera da Verde “para a seguridade de todos”.

Pola miña banda non podo senón celebrar estes feitos, saudar o gran valor e determinación dos fuxidos e amotinados e apoiar e lexitimar calquera expresión de rabia e autodefensa violenta por parte das persoas ás que xs asasinxs da Fortaleza Europea, non contentxs con armar e financiar as guerras que destrúen e arrasan os seus países de orixe forzándolles ao exilio na procura dunha vida mellor, tamén lles arrestan por non posuír papeis ou tentar entrar ilegalmente no país, e encérranlles sen cometer máis delito que buscar un futuro mellor para elxs e as súas familias.

Aos 9 madeiros que sufriron un “accidente laboral”, agora sabedes a que sabe a vosa propia mediciña…
Aos 11 migrantes fuxidos (un dos fugados tería sido recapturado e devolto ao CIE), todo o amor e apoio e moita sorte para os vosos pasos, que non vos collan…

Que se estendan as fugas e os motíns.
Abaixo os muros de todas as prisións. Abaixo os muros da Fortaleza Europa.
Contra as fronteiras e o mundo que as necesita!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: