O Colectivo de Ex-Presxs Sociais da COPEL fai unha petición de apoio financeiro para a realización dun documental sobre a loita da COPEL nos cárceres españois da Transición

Logo COPELRecibimos e espallamos esta petición do Colectivo de Ex Presxs Sociais COPEL para colaborar económicamente co proxecto do documental que están a realizar para contar a súa historia de loita dende a Coordinadora de Presxs en Loita nos cárceres españois da “Transición”:

Queridx amiga/o,

Desde o colectivo de Ex Presxs Sociais COPEL e afíns estamos, por fin, chegando ao final da creación do documental sobre a historia da Coordinadora de Presos En Loita (COPEL), unha pequena parte da historia da “Transición” española que nunca antes foi contada e que cremos necesario sacar á luz.

Para poder finalizar o documental necesitamos un total de 9.000 € e levar a cabo a edición e a postproducción, entre outras cousas. Para iso creamos unha plataforma de multimecenazgo: cada persoa/colectivo/entidade que colabore economicamente co documental converterase en mecenas do mesmo.

Ata agora foron moitísimas as persoas que traballaron de maneira altruísta co avance da gravación de todas as entrevistas, a creación de material, a elaboración do dossier así como do guión. Chegou o momento de terminar o proxecto e necesitamos financiamiento.

Por cada achega económica imos entregar, como forma de agradecemento, unha copia do DVD do documental e un libro das editoriais VIRUS ou DESCONTROL. Ademais, se o desexas, engadiremos o teu nome ou o do teu colectivo nos créditos do documental.

Necesitamos a túa colaboración para explicar publicamente que pasou dentro e fóra dos cárceres españois durante a “Transición” e así, seguir abrindo portas para a re-elaboración do relato histórico, ata agora manipulado polo relato oficial. Esta vez queremos contar a Historia desde as historias dos seus verdadeiros protagonistas, enlazando coa situación penal actual caracterizada polos centenares de suicidios ocorridos nos cárceres durante estes últimos anos e o aumento progresivo da poboación penal, para o que introduciremos os testemuños de profesionais especialistas no tema.

A plataforma VERKAMI é a que eliximos para que nos axude a recadar o diñeiro que necesitamos.

Que é Verkami: unha alternativa aos modelos tradicionais de financiamento para artistas, creadores, deseñadores, colectivos… Un modelo baseado na complicidade co público, unha nova experiencia de consumo cultural e un compoñente militante e de mecenado

O modelo de financiamento: só os proxectos que nos 40 días de prazo cheguen como mínimo ao 100% do seu obxectivo de financiamento recibirán o diñeiro achegado polos seus mecenas. En caso contrario, as cantidades que os mecenas se han comprometido a achegar non se fan efectivas e o proxecto non recibirá o financiamento.

Quen está detrás de Verkami: Verkami nace en Mataró da iniciativa privada dun pai e dous fillos: Joan, Adrià e Jonàs Sala, un biólogo, unha historiador da arte e un físico. Únenos a paixón pola creatividade, a arte e a investigación, e poder axudar a facer realidade pequenas manifestacións daquilo que máis queremos, é o que nos (con)move.

Como elaborar a achega económica ao documental de COPEL:

Se entras na seguinte ligazón http://vkm.is/copel verás que hai varias opcións de achega económica, selecciona a que máis desexes e a continuación enche o formulario cos teus datos que quedarán totalmente protexidos. Lembra que só no caso de que en 40 días cheguemos a recadar os 9.000 € será entón cando se retirará da túa conta bancaria a achega previamente seleccionada. No caso que non cheguemos a recadalos non se efectuará o pago e non se che retirará o diñeiro da túa conta.

Se conseguimos o diñeiro necesario, a plataforma VERKAMI creará unha lista automática de todos os mecenas para que podamos contactar contigo e entregarche a recompensa en canto esta estea lista. Non só iso senón que manteremos informados a todos os mecenas das proxeccións futuras do documental, prensa etc.

Nesta ligazón podes atopar toda a información necesaria sobre o noso proxecto documental: http://vkm.is/copel
Tamén podes dirixirche a copeldocumental@gmail.com para calquera dúbida.

Moitas grazas polo teu tempo. Axúdanos a difundir o proxecto e reenvia este mail a todas as persoas/colectivos/entidades que crees que poden estar interesadas en colaborar, a canta máis xente cheguemos máis posibilidades teremos de terminar o proxecto!

Moitas grazas.
Saúdos,
Ex Presxs Sociais COPEL e afíns

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: