[A Coruña] O C.S.A. A Comuna acolle unha charla sobre a planta de Reganosa na Ría de Ferrol

14915656_1677923519186943_3206921540649233850_n

Recibimos na bandexa de correo electrónico e espallamos:

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol falará sobre a ilegalidade, perigosidade e impacto desta instalación

A Coruña, 9 de Novembro de 2016 – Cada gaseiro que entra no estuario ferrolán é recibido cunha concentración do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, colectivo que afirma que o caso de Reganosa é un dos exemplos máis claros das peores prácticas políticas e económicas que sufriu o país nos últimos anos e das súas consecuencias. Co motivo de que non se repita e se difunda esta loita, a agrupación acudirá ao Centro Social Autoxestionado A Comuna para explicar esta problemática a partires das 20.00 horas.

Esta plataforma afirma que a instalación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) de Reganosa na Ría de Ferrol está rodeada de especulación urbanística, decisións políticas que buscan favorecer intereses privados, infraestruturas innecesarias, un sistema enerxético inxusto, elevación do prezo da electricidade, dano ao medio ambiente e manipulación informativa. Sosteñen que a infraestructura situada en Mugardos non foi outra cousa que un agasallo posto nas mans dunha empresa privada (neste caso o Grupo Tojeiro), que se enriqueceu sen tomar apenas riscos económicos e sen competencia.

O colectivo terá a oportunidade de explicar as numerosas ilegalidades que se cometeron no proxecto e funcionamento da planta como, por exemplo, o acordo do goberno eximindo a Reganosa da Avaliación de Impacto Ambiental ou que, pese a varias sentenzas do Tribunal Supremo anulando as Autorizacións Administrativa e de Funcionamento, as instalacións continúen activas.

Título

Reganosa, ilegal e perigosa, Fóra da Ría polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Día

Xoves 10 de Novembro de 2016

Hora

A partires das 20.00 horas

Lugar

Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35)

Para máis información, contactade con:

Sara Martínez
csacomuna@gmail.com
Teléfono: 699 40 46 85

Saúdos Comuneiros!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: