O anarquista que atentou contra o meridiano de Greenwich

El Real Observatorio de Greenwich instantes después del atentado, según los artistas Rod Dickinson y Tom McCarthy

O Real Observatorio de Greenwich momentos despois do atentado, segundo os artistas Rod Dickinson e Tom McCarthy

A explosión non acabou coa súa vida de inmediato. A duras penas logrou avanzar uns metros ata esborrallarse. Tiña o corpo esnaquizado: perdera a súa man esquerda e o estómago estaba rebentado. Os primeiros en atopalo foron uns nenos. Logo, cando chegou a policía, por moito que o tentaron, ninguén logrou arrincarlle unha confesión do motivo do atentado. Morreu ao pouco de chegar ao hospital de Seaman. Foi o 15 de febreiro de 1894, cando caía a tarde, e despois de que o anarquista Martial Bourdin, un francés de vinte e seis anos, deixase a súa habitación de Fitzroy street, Londres, para chegar ata o Real Observatorio de Greenwich, no parque Greenwich.

 

Ilustración que muestra el momento posterior del atentado. Bourdin, de rodillas y herido y, tras él, un agente de policía

Ilustración que amosa o momento posterior ao atentado. Bourdin, de xeonllos e ferido fronte a un axente da policía.

 

Era a época dos grandes atentados anarquistas que sobre todo arrasaban Francia e Rusia, aínda que toda Europa vivía baixo o medo ás «máquinas infernais» que dinamitaban case cada semana. Bourdin era unha incógnita. Na súa chaqueta atopóuselle unha elevada suma de diñeiro, o que fixo sospeitar aos axentes que, tras a acción, pretendía abandonar o país. O atentado desatou unha feroz represión contra os anarquistas ingleses, que case non coñecían o terrorismo. O club Autonomía foi rexistrado nun intento das autoridades por trazar unha conexión entre os temidos anarquistas franceses da propaganda polo feito e os ingleses.

Pouco despois, o atentado serviu de inspiración para Joseph Conrad e a súa novela O axente secreto, na que Bourdin é Adolf Verloc, quen é instigado polos rusos para destruír o Real Observatorio. Do mesmo xeito que Bourdin, Verloc non logra o seu obxectivo e morre por mor da explosión.

Con todo, a pregunta que todo o mundo formulaba era outra: Por que atentara contra o Real Observatorio? O obxectivo non fora un teatro, unha comisaría ou un café burgués, que unha e outra vez estaban a ser atacados polos anarquistas, senón unha institución científica. Entón, cal era a razón? Bourdin atentou contra o centro do mundo, o seu meridiano cero, o exacto meridiano base ou primeiro meridiano. Ao redor daquelas datas, Greenwich era tomado como unha maneira de medir o mundo, de establecer as súas coordenadas. Teoricamente, a terra movíase segundo o seu meridiano, e o 15 de febreiro de 1894, cando abandonou a súa habitación para levar a cabo o plan criminal, dirixíase ao centro do mundo, ao seu mesmo corazón, á liña que ía de norte a sur e que o atravesaba.

A súa exactitude na data resultou abraiante: ese mesmo ano, o meridiano foi adoptado como referencia nunha conferencia internacional celebrada en Washington á que asistiron delegados de vinte e cinco países. Entre os acordos que se adoptaron estaba o considerar o meridiano que atravesaba o Real Observatorio como o meridiano inicial. É dicir, o centro do mundo.

Con todo, Bourdin errou nos seus cálculos, aínda que a súa equivocación é comprensible: por entón non existía o GPS. Actualmente sabemos que existe un desprazamento do meridiano, quedando situado uns cen metros ao leste do meridiano de Greenwich do Observatorio. Case o centro do mundo.

Servando Rocha

 

Fonte: http://www.agenteprovocador.es/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: