[Madrid] Acción no Metro en solidariedade con Nahuel e cxs represaliadxs da Operación Ice

Recibimos na caixa de correo electrónico, traducimos e espallamos o comunicado e as fotos desta acción solidaria cxs represaliadxs da Operación Ice:

O 3 de novembro entre as 7 e as 9 da mañá, extraéronse os carteis dos corredores do metro das estacións de Legazpi e Embajadores, introducindo no seu lugar carteis de 89,1 x 126 con varios deseños en apoio ás compañeiras represaliadas en Ice e a Nahuel, e chamando á convocatoria da concentración do 4 de novembro ás 19h en Tirso de Molina.

Para a apertura dos espazos publicitarios empregáronse carracas con chaves de vaso do 9, e os carteis foron pegados con cola.

Esta mañá quixemos irromper na gris rutina da cidadanía que se dirixía aos seus postos de traballo e estudo para visibilizar ás nosas compañeiras, para romper o illamento dos muros e o silencio da represión. Centos de persoas circulaban polos corredores de metro mentres a acción era realizada.

Cada detención, cada día de peche, son máis motivos para seguir loitando.

Queremos mandar calor a Nahuel, pois hai xa un ano que se atopa encerrado. Forza para el e todas as compañeiras que están entre os muros das prisións.

Viva a anarquía!

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: