Balance provisional da xornada de solidariedade con Nais contra a impunidade e xs 15 De Arteixo

14947601_1724757287847188_5559461489577590075_nO pasado mércores, 2 de novembro, tivo lugar o xuízo contra as 15 persoas que foron acusadas de inxurias “á garda civil” e “obstrución ao culto” por concentrarse o 12 de outubro de 2010 ante a igrexa onde os picoletos do cuartel de Arteixo (A Coruña) celebraban o día da súa patrona. As Nais Contra a Impunidade xa levaban entón varios anos pedindo explicacións sobre o sucedido a Diego Viña en setembro de 2004, cando “apareceu” aforcado nun dos calabozos do cuartel dos cigüeños de Arteixo, onde fora detido ilegalmente a instancias do seu propio pai, pertencente ao “corpo”.

Todos os intentos de obter xustiza ou sequera algunha explicación sobre o sucedido foran infrutuosos e á nai de Diego e ás súas compañeiras xa non quedaba outro recurso que as mobilizacións rueiras, repetidas ano tras ano. Foron perseguidas por iso en varias ocasións, ata que se atopou un xuíz disposto a prestar ouvidos ás acusacións en defensa da “súa honra” dos representantes dunha institución de tan sinistra fama como a garda civil. O resultado foi un proceso penal cunha petición fiscal de 54.000 euros en total de pena-multa, con nove meses de cárcere para cada unha en caso de falta de pagamento, contra 15 persoas, entre elas unha irmá, unha curmá e unha tía do raparigo morto en escuras circunstancias. Escuras e escurecidas, xa que mesmo foron destruídos pola mesma garda civil os pantalóns cos que, supostamente, aforcouse Diego, mentres se atopaba “confiado” á custodia da “benemérita institución”.

“Celebrouse” por fin o xuízo, que fora convocado para o 6 de xuño e foi suspendido por motivos burocráticos, e foi como adoita suceder unha farsa insultante onde o xuíz obstaculizou en todo momento con formalismos e arbitrariedades o labor da defensa, deixando claro, tanto él como o fiscal, que o seu interese está centrado en defender a ficción ensanguentada que eles chaman a “honra da garda civil” impoñendo pola forza esa ofensiva falsidade para obrigarnos a inclinarnos ante ela coma se fose unha verdade sacra. A pesar diso, víronse fronte a fronte a coherente argumentación dos avogados defensores, no sentido da inocencia das persoas ameazadas xudicialmente e da lexitimidade das súas actividades, e a debilidade das probas acusatorias, as cales se reducían a unha curta gravación de vídeo obtida ilegalmente cun móbil por un picoleto de paisano, onde apenas se recoñece a ninguén nin se pode saber quen fixo ou dixo que, e ás confusas e contraditorias acusacións duns cuantos “números”, dos que varios non asistiron porque estaban “de vacacións”, chegando o cinismo da acusación para pretender que se suspendese o xuízo unha vez máis por ese motivo. Todo quedase moi claro para unha “xustiza” merecedora dese nome, pero coñecendo o aparello estatal punitivo que abusa del dentro do territorio dominado polo Estado español non se pode ser optimista.

Sobre o que si temos suficientes datos para formarnos unha opinión é sobre nosa propia solidariedade. Unhas 50 persoas, entre as que entraron na sala do xuízo e as que estiveron concentradas na porta dos xulgados durante case catro horas que durou sostendo pancartas e gritando palabras de apoio, demostrárono na Coruña. No resto do territorio estatal, que saibamos, houbo cinco persoas cunha pancarta fronte á audiencia nazional en Madrid; vinte e unha ante a cidade da (in)xustiza en Valencia; un número intermedio na concentración convocada en Sama de Langreo por unha asociación de familiares e amigos de persoas presas así como na proposta fronte aos xulgados de Xixón por un grupo feminista; cinco ou seis na que houbo en Cartaxena… Non sabemos o que sucedeu en Lleida, onde tamén se convocou unha concentración solidaria, e a de Salamanca houbo de suspenderse por falta de xente. Con todo o cal, temos elementos suficientes para constatar a extrema debilidade da “comunidade anticarcelaria” e a case total indiferenza tanto da “sociedade civil” como dos “movementos sociais”, incluído o autodenominado “libertario”, fronte aos abusos do poder punitivo.

Dentro dos cárceres, nove compañeiros presos en loita sumáronse que saibamos á folga de fame convocada por algúns deles en apoio das Nais, que aínda dura, nos cárceres de Palencia, Estremera e Soto del Real en Madrid, Albocásser (Castelló), Morón (Sevilla), o Acebuche (Almería), Topas (Salamanca), etc. A continuación, inserimos unhas palabras de Pastora González, a nai de Xosé Tarrío e membro das Nais que resumen ben a situación.

Quero dar as grazas desde o mais profundo do meu ser a esas persoas que estiveron coa súa presenza apoiando o xuízo contra as Nais, uns en Coruña e outros noutras partes de España e estranxeiro. A esas persoas mándolles todo o meu amor e respecto e non podo esquecerme tamén de moitos presos que fixeron folga de fame en apoio a Nais: grazas, compañeiras e compañeiros pola vosa solidariedade. Pero quédame unha espiña moi pero que moi grande dentro da miña alma porque neste xuízo da vergoña dun país, neste caso o meu, non saíu á rúa toda a xente que debería saír. Esta nai debería de estar apoiada non só polos que saímos ás rúas, senón por toda Coruña e toda España, pois lle arebataron ao fillo de casa sen orde de detención e cunha denuncia falsa e entregáronllo cos pés por diante á idade de veintidos anos. Espero que non lle pase a ninguén unha cousa como esta porque entón saberán o que é a dor, a rabia e a impotencia. Bo, non continúo porque tería moitas mais cousas que dicir. Só dar outra vez as grazas a aquelas persoas que verdadeiramente se concentraron, saíron ás rúas e demostraron con feitos a súa verdadeira solidariedade. Quérovos, peña, con persoas como vós o mundo si se podería cambiar para mellor. Grazas, kérevos

Pastora

14907193_355768378096616_8504517765590175056_n

Sama de Langreo

14938378_1155191157895465_2849967419810200443_n

Xixón

14947452_342826566076846_5035778120081437375_n

Valencia

Fonte: tokata.info.

Advertisements

Unha resposta to “Balance provisional da xornada de solidariedade con Nais contra a impunidade e xs 15 De Arteixo”

  1. […] Abordaxe fam-se eco e dam pulo a crónica redatada e publicada no Boletín Tokata na que fam um balance […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: