[Vigo] Palestra: «Redes de apoio fronte á represión»
Informa: Asemblea Aberta de Coia.
Dentro das actividades en apoio ao compañeiro Diego, traballador social e membro da Asemblea Aberta de Coia organizamos unha nova actividade.
O venres 4 de novembro a Asemblea organiza unha palestra co título “Redes de apoio fronte á represión” na que faremos a presentación pública do vídeo no que se resume o que foi a chamada “loita da rotonda de Coia” e analizaremos a situación actual e as causas que nos levaron até aquí. Esta actividade suporá o paso ás redes da curta sobre a loita na rotonda, polo momento conformádevos co “teaser” > https://www.youtube.com/watch?v=HVK0_xw8c14
Na palestra contaremos coa presenza de Laura Bugalho, sindicalista e activista compostelá que sufriu en primeira persoa unha forte persecución policial e un proceso xudicial cheo de irregularidades, como resposta á súa labor a prol dos dereitos das persoas migrantes, e a denuncia pública da súa situación. Laura compartirá mesa con Diego.
Diego e Laura falarán da importancia de construír loitas xuntas e dende abaixo, e de como artellar saídas comúns fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.
—
Asemblea Aberta de Coia
nonarotonda@gmail.com | @AsembleaDeCoia | facebook.com/asembleaabertacoia
XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!
Deixar unha resposta