Lembrando ao compañeiro Barry Horne, a 15 anos da súa morte

_286599_mainhorneArtigo por Disnomia para Abordaxe.

O próximo 5 de novembro, dentro de dous días, cúmprense 15 anos dende a morte de Barry Horne, activista británico pola liberación animal que levou a cabo distintas accións de sabotaxe con dispositivos incendiarios contra obxectivos vencellados á experimentación e á explotación animal, feitos polos que nunca se arrepentiu e que sempre admitiu con orgullo. Barry participou activamente en incendios de tendas de peletería, así como no incendio que destruiu as instalacións de Boots The Chemists na illa de Wright, por testar os seus produtos en animais (os danos foron daquela valorados en máis de 3 millóns de libras). Tamén levou a cabo liberacións de animais e outras sabotaxes menores.

Barry Horne foi capturado e condenado a 18 anos de cárcere, ao longo dos cales levou a cabo ata 4 folgas de fame consecutivas, coa intención de persuadir ao goberno e á prensa de falar acerca das moreas de diñeiro dos impostos destinado ás prácticas de vivisección e experimentación con animais, xa que o candidato do Partido Laborista prometera un debate público ao respecto cando chegou ao poder no ’97, promesa que, como era de esperar, nunca cumpriron…

Esgotado e debilitado polas 3 folgas anteriores (unha das cales de case 70 días, que causoulle perda de visión e danos irreversibles nos riles), Barry decidira arriscarse cunha nova folga, ante a indiferencia e a falta de palabra do goberno coas 3 anteriores. A escasa distancia temporal entre cada unha das 4 folgas de fame custoulle a Barry a vida. O luns 5 de novembro de 2001 pola mañá, no hospital de Ronkswood, en Worcester, Barry morría finalmente dun fallo hepático despois de ter permanecido 18 días sen comer. Barry ignorara deliberadamente as advertencias dos médicos, e rexeitara a alimentación asistida. Quería ir ata o final, e ata alí chegou.

Os medios da prensa carroñeira festexaron coa súa morte, calificándoo de terrorista e usando a súa figura para criminalizar a todo o movemento polos dereitos dos animais e a todas as activistas que loitaban contra o especismo e a explotación. O xornal The Guardian destacou nesta miserable difamación do compañeiro cun artigo escrito polo xornalista Kevin Toolis que falaba de Barry do seguinte xeito: “En vida él foi un Don-Ninguén, un basureiro convertido en incendiario. Pero morto Barry Horne álzase coma o primeiro verdadeiro mártir do máis exitoso grupo terrorista que Bretaña coñeceu xamáis, o movemento polos dereitos dos animais”.

Para moitas de nós, en cambio, Barry Horne, lonxe de ser ese tolo terrorista e violento que os medios quixeron pintar cos seus restos aínda quentes na morgue do hospital, representa aínda, 15 anos despois da súa morte, todo un exemplo de integridade, coherencia, valor e determinación, un compañeiro que levou á práctica a liberación animal ata as derradeiras consecuencias chegando alá onde as palabras perden o seu eco, e que entregou a súa liberdade e finalmente a súa propia vida por salvar as dos animais e por destruir as infames maquinarias e os escuros lugares empregados para a súa escravitude, confinamento e asasinato. A súa historia lévanos a lembrar as doutras moitas compañeiras e compañeiros que tamén morreron ou ficaron presas por non tolerar o intolerable, por defender o obvio, por non silenciar os seus sentimentos nin a súa raiba nin tan sequera cando a represión espallou de novo o seu medo, e atacar no ausente corazón desta besta industrial gris e hipócrita.

Porque como Barry escribiu nun dos seus comunicados dende o cárcere:

“A loita non é por nós, non é polos nosos caprichos ou necesidades persoais. É por todo animal que algunha vez sufriu e morreu nun laboratorio de vivisección, e por todos aqueles animais que sufrirán e morrerán nas mesmas circunstancias a non ser que deteñamos este cruel negocio xa. As almas dos mortos torturados choran pedindo xustiza, os que están vivos choran pedindo liberdade. Podemos facer esa xustiza e proporcionarlles esa liberdade.

Os animais só téñennos a nós, e non lles fallaremos…”

Advertisements

2 Respostas to “Lembrando ao compañeiro Barry Horne, a 15 anos da súa morte”

  1. […] comunicación anarquista galiza « Lembrando ao compañeiro Barry Horne, a 15 anos da súa morte […]

  2. […] publicación deste texto non podía chegar en mellor momento, a apenas un día de cumprirse o aniversario da morte do activista antiespecista Barry Horne, e gustaríanos adicarlle isto á súa memoria, e á memoria de todas as compañeiras e […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: