Actualización da situación de Claudio Lavazza
Actualmente Claudio foi trasladado temporalmente desde Teixeiro ao cárcere de Valdemoro para ser proximamente transferido, por petición propia, a Francia para ser xulgado outra vez en Paris por delitos que se lle imputan (principalmente o atraco a unha sucursal da Banca de Francia) de hai décadas, xa que ao ser xulgado anteriormente en ordenanza de contumancia (en rebeldía) polas leis francesas condénaselle á pena maior para que non prescriban os feitos.
O xuízo está previsto que se celebre antes de que finalice o ano e despois traeranlle de volta ao cárcere en España.
Actualizaremos próximas novidades e facilitaremos a dirección do cárcere cando xa estea en Francia. Claudio saúda a todas/os as/os compañeiras/os que nestes anos non deixaron de facerlle sentir a súa solidariedade e afecto revolucionario!
Deixar unha resposta