1 de novembro – movilización internacional en apoio a Kobanê e á loita pola liberación dos pobos de Curdistán

Comunicado do colectivo Rojava Azadi:

1nov-madrid

A finais do verán de 2014 empezou o asedio á cidade de Kobanê. Durante catro meses e medio, a cidade no norte de Siria foi atacada por Daesh (ISIS polas súas siglas en inglés), pero as guerrillas curdas fixéronlles fronte cunha premisa moi clara: non pasarán. O 26 de xaneiro de 2015 as YPG/YPJ anunciaron a liberación da cidade. Kobanê converteuse así nun símbolo da resistencia contra as forzas yihadistas, un baluarte de liberdade no medio do caos e a destrución da guerra de Siria. Desde entón as milicias curdas, unidas con outras milicias populares de diversas comunidades étnicas e relixiosas baixo o paraugas das Forzas Democráticas de Siria, liberaron centos de quilómetros cadrados do terror perpetuado por Daesh. Estas vitorias desataron un crecente interese en todo o mundo pola rexión de Rojava, aínda que o proxecto de democracia radical que alí se desenvolve empezara antes, moito antes mesmo da declaración de autonomía anunciada o 19 de xullo do 2012 polo autogoberno de Rojava respecto ao réxime sirio de Bashar Al-Assad.

Nas montañas do Curdistán levan décadas, senón séculos, loitando por conseguir unha vida máis xusta para un pobo que vive tradicionalmente oprimido. A división do seu territorio natural en 4 Estados (Turquía, Irán, Iraq e Siria) a mans de Occidente, debuxou unhas fronteiras cuxo obxectivo era manter o control por parte dos Estados imperialistas, sen ter en conta as consecuencias para a poboación. A súa identidade foilles negada, a súa cultura reprimida e a súa dignidade pisada. Aínda así (ou quizais precisamente por iso) foron capaces de xerar un movemento social e un proxecto político que non poden ser ignorados. As súas duras críticas ao imperialismo e ao capitalismo, a crueldade dos réximes que os reprimiron e a experiencia revolucionaria acumulada levoulles a desenvolver un novo paradigma político: o confederalismo democrático. A procura de autonomía co protagonismo da muller e a construción dunha estrutura social de abaixo a arriba, onde as comunas e consellos territoriais son a base dun proxecto revolucionario de transformación social, está a romper moldes tanto en Oriente Medio como no mundo enteiro.

Tanto as principais potecias rexionais (Turquía, Irán, Arabia Saudita, Israel…) como as internacionais (EUA, Rusia, UE, China…) están a perpetuar unha guerra para fomentar os seus propios intereses imperialistas causando graves danos e sufrimento ao pobo curdo así como a outros pobos da rexión. Concretamente o estado turco, baixo o ideario neo-otomanista do presidente Recep Tayyip Erdogan, está a desenvolver unha guerra cruenta contra os curdos tanto en Turquía como nos estados de Siria e Iraq, coa clara intención de realizar un xenocidio cultural e étnico. A invasión turca sobre o territorio sirio demostrou claramente que a intención do goberno non é acabar co ISIS, senón frear o avance do pobo de Rojava para a unificación dos seus cantóns. Para iso está a utilizar todos os medios militares e diplomáticos ao seu alcance, decenas de persoas foron desprazadas, asasinadas ou perderon os seus fogares. No estado de Iraq, coa complicidade do presidente Masud Barzani e o seu partido político KDP, Turquía bombardea as áreas da guerrilla nas montañas do Zagros e mantén as súas tropas terrestres ilegalmente, sen o consentimento do Parlamento Iraquí de Bagdad (nin o doutras organizacións da rexión). No propio estado turco o goberno do AKP, baixo o pretexto do estado de emerxencia, está a desenvolver purgas masivas contra funcionarios, políticos, xornalistas e xuíces, arrestando a decenas de cidadáns e destituíndo alcaldías democraticamente elixidas. Así mesmo continúan as operacións militares de toques de queda en cidades e pobos, que causaron a destrución de barrios enteiros, terras de cultivo e bosques, e provocaron máis de medio millón de desprazados internos e a morte de decenas de civís nunha guerra silenciada que se estende desde o verán do 2015.

Consideramos necesario apoiar a loita dos pobos de Curdistán, creando unha rede de solidariedade que permita reforzar os procesos que se están vivindo. Facemos unha chamada á solidariedade internacionalista cos pobos oprimidos. O Confederalismo Democrático é unha proposta capaz de marcar unha diferenza ante o panorama político vindeiro, pero para iso necesita crecer e consolidarse.

Por todo isto esiximos que se respecten os dereitos humanos e realizamos as seguintes demandas en consonancia con diversas campañas de ámbito internacional:

-A apertura dun corredor humanitario a Kobane e o fin do embargo económico a Rojava.

-O cesamento de actividades represivas das forzas de seguridade turcas contra o movemento prol-curdo.

-A liberación de Abdullah Öcalan e o fin do seu illamento. A liberación dos presos políticos de Turquía, especialmente dos enfermos graves cuxa vida corre un gran perigo.

-A retirada do PKK da lista de organizacións terroristas.

-O apoio activo ao pobo kurdo, en forma de colaboración económica e política.

Pola solidariedade internacional entre pobos e contra o fascismo dos Estados-Nación.

Viva a Resistencia de Kurdistán! Biji Berxwadana Curdistán!

Chamamos a secundar a mobilización internacional en apoio a Kobanê e á loita pola liberación dos pobos de Curdistán o dia 1 de Novembro. Convidamos a organizacións e grupos sensibilizados coa cuestión kurda a sumarse a esta mobilización internacional. Tamén a realizar un comunicado en solidariedade coa loita dos pobos de Curdistán ou a secundar o comunicado de Rojava Azadî.

Lista de Apoio

Rojava Azadî (Madrid)

Azadî Plataforma (Barcelona)

Asociación de Amistad con Kurdistán (Madrid)

Unadikum (Sevilla)

CGT (Burgos)

CGT (Madrid)

Solidaridad Obrera (Madrid)

FEL (Madrid)

En Madrid Otra Italia (Madrid)

Zabaldi (Iruña)

Casa Autogestionada La CABA (Aluche)

 

Advertisements

Unha resposta to “1 de novembro – movilización internacional en apoio a Kobanê e á loita pola liberación dos pobos de Curdistán”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: