[Compostela] Convocan concentración en solidariedade coas compañeiras represaliadas pola USC

cartazconcen

O próximo 3 de Novembro ás 9h terá lugar unha concentración en solidariedade coas persoas represaliadas pola USC. O lugar da convocatoria será a facultade de Xornalismo. Reproducimos íntegro o comunicado recibido no correo electrónico.

Nos últimos tempos as estudantes de Compostela estamos a vivir unha auténtica situación de represión que se dá por parte da Universidade de Santiago de Compostela. Aos procesos abertos contra compañeiras do Master de Xénero polo caso de Luciano Méndez, ou as represaliadas pola protesta contra a presenza de Feijoo na nosa Universidade, agora temos que engadir un novo caso, no que é a propia USC a que denuncia contra 12 estudantes.
Con motivo da celebración dun Consello de Goberno, onde se reúnen decanos, reitorado e demais persoal da comunidade universitaria, o 14 de marzo de 2013 un grupo de estudantes decidiu mobilizarse para mostrar o seu rexeitamento as medidas adoptadas pola universidade nese momento:  recortes na educación pública, subida das taxas universitarias, redución das bolsas que permitían estudar a centas de persoas, etc.
As consecuencias non se fixeron esperar, e meses despois eran citadas a declarar 12 estudantes acusadas de destrozos no edificio e de agredir a algún dos membros da seguridade privada alí presentes. As probas? Fotos realizadas ese mesmo día nas que non se aprecia ningún dos feitos anteriormente citados. Destacar neste punto a imputación dunha persoa que nin sequera se atopaba en Compostela ese día.
3 anos despois atopámonos coa desagradable sorpresa de que a propia USC decide continuar co procedemento xudicial cunha petición de 4 meses de cadea para cada unha das imputadas e o pago dunha fianza de 1.400 euros.
O feito de que sexa a propia Universidade a que se persoa contra estudantes deixa clara a postura da USC unha vez máis. Non só se limita a defender  profesorado  abertamente homófobo e machista, senón que pretende atacar a todo aquel que responda as súas agresións, como xa puidemos comprobar coas compañeiras encausadas citadas anteriormente.
A nosa resposta é clara, non temos medo, este tipo de accións non van intimidarnos ou amedrentarnos, ó contrario, o único que fan é acrecentar as nosas ganas de cambialo todo,  de facernos co que é noso, de loitar por un ensino público, feminista, laico e de calidade.
Por isto, animamos a todas as estudantes a acudir a concentración en solidariedade coas compañeiras represaliadas pola USC o vindeiro 3 de novembro, no que decorrerá unha vez máis unha sesión de Claustro Universitario. Hoxe tócannos a nós, maña pode ser calquera compañeira.  Se non queren caldo, sete cuncas!
Solidariedade con todas as estudantes imputadas! Nin un paso atrás!

Advertisements

Unha resposta to “[Compostela] Convocan concentración en solidariedade coas compañeiras represaliadas pola USC”

  1. […] relatam num seu comunicado (publicado em Abordaxe) as convocantes desta concentraçom, as únicas provas som fotos realizadas nesses momentos nas que […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: