[A Guarda] Mërda criu organiza un concerto solidario

Ecartaz-du%cc%82rgaO colectivo Mërda criu organiza o vindeiro 12 de Novembro un concerto solidario coas encausadas pola okupación da sala Yago. Difundimos o texto recibido que nos remitiron ao correo.

Mërda criu volvemos a traervos unha noite pra recordar. Coma sempre, non entendemos nin queremos entender ningunha das nosas actividades coma un fin en sí mesmo. Consideramos cada evento unha acción de solidariedade e loita, destinada a potenciar causas e proxectos antiautoritarios, e a apoiar económicamente xs compas represaliadas polo estado.

Deste vez solidarizámonos coas 12 da Yago. Pra quen queira coñecer o proceso que están a vivir as compañeiras, deixamos aquí toda a información das compas de Abordaxe: https://abordaxe.wordpress.com/2016/10/03/compostela-mais-sobre-o-xuizo-pola-ocupacion-da-yago/

Catro bandas acompañarannos o sábado 12 de novembro. O concerto comezará ás 22.00 puntuais e haberá ceador vegano, coma sempre, para recadar fondos do mesmo xeito.
Fuscalho, o guardián da contra-cultura guardesa, arroupará a velada.
Non faltedes, non falledes, isto é -coma sempre- importante – e máis tendo en conta o perto que nos toca.

Acudide, difundide, amade.
Conspirade, conspirade.

Dûrga | Post-rock ambiental dende Valencia, presentando o seu novo disco Vengança, que estará en descarga gratuita en breves. Melodías intensas e potentes pra cerrar os ollos e pensar no colapso. Escoitade un adianto: https://www.youtube.com/watch?v=l4XXtJ41iVw

Mandrágora | Mítico power-trío guardés. Raiba punk sen adxectivos. Se non bailas e cantas con elas, non sabemos que fas coa tua vida.
https://www.youtube.com/watch?v=MbPggnEMlbU

Tenue | Mouchos guardeses. Entre o escrimo, o emo e o post-rock. Fan o que lles apetece. Música contra este mundo feo.
https://www.facebook.com/100009055206744/videos/vb.100009055206744/1621062088205616/?type=2&theater

Tedio | Tedio é o novo proxecto de The Javi Bombin Experience. Él defíneo coma TJBE Evolution. Máis íntimo, máis duro. Entre o ambiental e o folk, aínda en construcción.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: