[Chile] Relato á memoria antiautoritaria do compañeiro Javier Recabarren; Sobre o protesto contra McDonald’s do día 18/10/2014

jrJavier Recabarren foi un compañeiro anarquista e vegano de Chile. Con só 11 anos, morreu atropelado accidentalmente por un bus do TranSantiago, na capital chilena, en marzo do 2015. Atrás quedaba unha curta pero intensa vida de loita, dun neno que pese á súa idade xa era vegano, e xa participaba activamente en protestos de rúa, enfrontamentos cos madeiros e actos de propaganda pola liberación animal.

A continuación segue un relato compartido por compañeirxs de Chile que o coñeceron e compartiron con él momentos de loita. O relato narra unha manifestación animalista contra a cadea de comida rápida Mc Donald’s, na que Javier participou á carón doutrxs compas nun bloco anarquista que atacou o Mc Donald’s e que recibiu unha carga policial. Tamén se conta como Javier foi detido pero logrou zafar da policía.

Unha proba máis de que a rebeldía e os impulsos que desafían os valores do dominio non dependen de idade ou do estatus de “adulto” senón de corazóns alegres e con raiba que non entenden nin toleran a opresión.

Para máis información da vida do compañeiro e das accións realizadas na súa memoria a un ano da súa morte, déixovos dúas publicacións (en castelán) que aconsello “cotillear”. Descargade aquí e aquí, respetivamente.

Tirado de La Rebelión de las Palabras. Tradución e introdución por Disnomia para Abordaxe.

O día 18 de outubro do ano 2014, desde as 14:00 hrs. realizouse un protesto animalista contra Mc Donald’s desde Praza Italia ata Los Héroes.

Tranquilamente marchabamos un pequeno bloco de Punk’s e Anarquistas o cal sumouse coas ganas de participar daquel protesto xerando unha espontánea revolta destructiva contra a industria de comida plástica e morte de animais. Ao chegar a multitude (xunto ao bloco) á rúa Santa Rosa con Alameda (lugar onde se ubica un Mc Donald’s) comezaron os berros dxs animalistas e dxs escravxs asalariadxs daquel lugar, quenes remataron baixando as cortinas de seguridade. Nese instante é cando unhxs cantxs mozxs encarapuchadxs e outrxs a cara descuberta (entre elxs o compa Javier Recabarren) comezaron a darlles patadas, paus e co que pillaron ao seu paso en contra das cortinas metálicas, chegando ao punto de lograr dobrar unha cortina de aceiro e provocar na superficie un oco para entrar. Acción impedida pola “yuta” que chegou nese momento, provocando a dispersión dxs compas entre a multitude.

A “yuta” ao ser un número maior comezaron coa caza dxs “capuchas”, nese momento é cando agarran entre dous pacxs a Javier, entre varixs téntaselle rescatar, pero xs pacxs frustrárono a punta de porrazos, resultando feridxs varixs compas. Esta acción xerou máis odio entre xs “capuchas” cara a asquerosa “yuta” polo que abalanzámonos cara o retén policial (onde estaba Javier) e a micro onde habían máis compas detidxs. Nese momento a “yuta” ao non poder controlar a revolta desesperáronse e é ahí cando Javier abre a porta do auto dxs pacxs e baixa correndo burlando á autoridade, ficando así xs bastardxs totalmente humilladxs.

Javier correu cara a multitude perdéndose nela (que cobardemente avanzaba sen prestar axuda ao que sucedía atrás, típico) mentras xs compas do pequeno bloco que quedabamos sen ser detidxs íbamos todxs dispersxs. No persoal notei que a “yuta” andaba a buscar desesperadamente a alguén entre o protesto, nese momento achégaseme Javier e un compa punk. Javier me di: “Irmán, escapeime da patrulla dos pacos”, ao dicir aquelas palabras o compa soltaba unha risa. Logo me di: “… Pero ándanme seguindo, ándanme buscando, apáñame”. Ao notar que ao compa andábano seguindo, de inmediato díxenlle: “Compa, póñase ao meu carón pa’ que pase piola e separate do teu compa, xúntense nunha praciña despois”. Ahí camiñamos co Javier entre a multitude e ao ser pequeno o compa camuflouse entre a miña roupa e a masa. A “yuta” non logrou pillalo.

O Javier ríase porque contabame que foi fácil escaparse dxs pacxs, que eran “weones” porque deixaron entreaberta a porta do auto, pero como andábano buscando estaba un pouco urxido. Ao rato despois chegamos á praciña acordada e notou que o seu compañeiro punk estaba a agardalo, polo que puido zafar dxs pacxs tamén.

O sorriso burlón de Javier Recabarren escapando da detención, resulta ser unha boa lembranza subversiva e de revolta contra toda forma de poder e autoridade.

JAVIER RECABARREN, PRESENTE!!!

… Na lembranza viva e na acción pola Liberación Total!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: