[Chile] Accións coordinadas da F.L.A. e a F.L.T. en Santiago e a provincia de Arauco

analisiselmitodelveganismoTirado de Contra Madriz:

Por medio deste comunicado único, reivindicamos unha serie de accións realizadas por distintas células de acción da Frente de Liberación Animal e a Frente de Liberación da Terra coordinadas informalmente o mes de Setembro en distintos lugares de Santiago de Chile e da Provincia de Arauco.

-16 de Setembro: Saboteados tres cadeados dunha carnicería cun forte adhesivo. (P.A.)

-16 de Setembro: Saboteadas dúas portas do acceso principal dun matadoiro cun forte adhesivo, foron lanzadas pinturas na súa fachada e raiouse a frase “Liberación Animal”. (P.A.)

-17 de Setembro: Atacada con pintura a fachada do “Parque Mampato” situado en Camino Milipilla. (Stgo)

-19 de Setembro: Saboteados os cadeados da cadea de farmacia Cruz Verde cun forte adhesivo. En total, catro cadeados do acceso principal de dúas farmacias. (P.A.)

-21 de Setembro: Barricada con troncos, rochas e cascallos bloqueando liña ferroviaria, raiouse a frase “Liberación da Terra” e as siglas “FLT”. (Stgo)

-23 de Setembro: Raiados de cristal antiespecistas polas rúas coa frase principal “Liberación Animal, Humana e da Terra”. (Stgo)

-24 de Setembro: Raiados de cristal antiespecistas polas rúas, nunha farmacia raiouse a frase “Os farmacos son morte, vivisección é morte” e nunha carnicería raiouse a frase “Xs matarifes só merecen o pior” e as siglas “FLA ” e “FLT” (P.A.)

-25 de Setembro: Atacada con pintura a fachada dunha carnicería, e deixouse un papel coa frase “Liberación Animal” e as siglas “FLA”. (Stgo)

-25 de Setembro: Destruída unha vídeo cámara de alta definición do Banco Estado de Pudahuel onde morreu en combate o anarquista Sebastián Oversluij. (Stgo)

-26 de Setembro: Atacado con pirotecnia o cuartel da PDI de Cañete onde foi trasladado o anarquista Joaquín Garcia, tras ser capturado cando se mantiña en clandestinidade. (P.A.)

O especismo. O espectáculo, a morte e experimentación de animais en circos, rodeos, en farmacias, laboratorios etc. As represas, industrias e máquinas que destrúen a contorna natural e salvaxe. O cárcere como estrutura de castigo e illamento. O capitalismo. O Estado. Cada quen reproduce, alimenta e defende estas prácticas e institucións. Son e serán xs nosxs inimigxs.

Nosa arremetida iniciada entre cómplices afíns alimenta a práctica mesma da loita contra todo o nomeado anteriormente e busca como fin achegarnos á liberación total. Aquela anhelada e tan esquiva liberación, que lonxe de agardala, saímos ao seu encontro co ataque aquí e agora. Talvez nunca veremos caer o sistema de explotación e dominación, pero aquilo non é un impedimento para non emprender as ideas que acubillamos a través do acto.

Enviamos un saúdo de sabotaxe a aquelxs guerreirxs que con valentía e determinación resisten o cárcere por accionar contra as estruturas deste mundo decadente. En memoria de cada compañeirx mortx no desenvolvemento da guerra pola liberación total.

Pola coordinación informal entre afíns!
Sabotaxe á dominación!
Forza axs presxs!
Memoria axs caídxs!
Liberación Animal, Humana e da Terra!
Liberación Total!

Células de Acción Libremente Asociadas.
Frente de Liberación Animal / Frente de Liberación da Terra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: