[A Guarda] Xornada de solidariedade cos proxectos anarquistas

cartelzineO próximo venres 21, Mêrda criu reinicia a súa atividade conspirativa. O encontro de espíritus terá lugar baixo os infranqueables muros do Fuscalho. Presentamos unha atividade firmemente revolucionaria: exercer a nosa solidariedade cos proxectos anarquistas.
ÁS 20.00 HORAS | Membrs da Distribuidora Anarquista Polaris presentarán «RÉQUIEM POR UNHA VIAXE SEN RETORNO», unha tradución das palabras do compañeiro grego Nikos Romanós. O Zine narra o arresto e os acontecementos máis importantes e significativos do seu percorrido revolucionario dende o seu arresto no 2013 ata a actualidade. Non esquezamos a ningúnx compañeirx mortx nin presx. Que cada acción que fagamos, grande ou pequena coma esta, manteña viva a memoria e o presente combativo negro.

ÁS 21.00 HORAS | CEADOR VEGANO. Rico, rico, rico rico. Un lugar de encontro onde seguir creando lazos, charlar e aprender entre nós, mentres comemos algo delicioso e sen explotación animal. O menú será de tres platos (primeiro, segundo e postre), a tres euros. Os beneficios serán destinados a un espazo antiautoritario de nova creación.

ÁS 22.00 HORAS | CONCERTO & MICRO ABERTO. Prófugo (https://profugo.bandcamp.com/) comezará abrindo a boca, seguido de quen queira tocar algo, cantar, rapear, falar, dicir, ler. Quen precise expresarse, e vexa que este é o seu lugar… ¡adiante!

NADA MÁIS QUE DICIR POLO DE AGORA.
ANIMÁDEVOS.
COMPARTIDE, DIFUNDIDE, AMADE.

Pola Anarquía, pola amizade: pouco a pouco, convertendo as ideas en praxe.

Informa Mêrda criu

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: