[Documental] Oaxaca ingobernable, 2016
A partir do mes de xuño do ano 2016 -a dez anos do levantamento que durante máis de seis meses viviu este estado do sur de México- profesores e comunidades das oito rexións de Oaxaca regresaron ás rúas. A súa principal esixencia é a derrogación da reforma educativa e do paquete de reformas estruturais máir coñecido como “Pacto por México” que o goberno de Enrique Peña Nieto quere impoñer ao país desde o ano 2013 baixo a influencia do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e o Banco Interamericano de Desenvolvemento.
Con esas reformas que pretenden privatizar a educación e varios outros sectores como o campo, a saúde, as telecomunicacións ou as enerxías, o goberno mexicano está a ameazar directamente, non só ao maxisterio, senón ao pobo de México en xeral. Por tanto, o movemento non se limita aos mestres e a mestras:
“Este movemento deixou de ser magisterial, agora é un movemento social, por que?, porque a xente do pobo é a máis prexudicada, en todos os aspectos. Por iso en todos os pobos estamos a organizarnos para levantar a voz?”, explica unha señora de San Pablo Huitzo.
A diferenza da experiencia vivida no 2006, onde o principal foco da resistencia concentrouse na cidade de Oaxaca, este 2016 instaláronse bloqueos en case todo o estado. O que non cambiou é a resposta do goberno ante as protestas: a brutal represión segue sendo a súa principal reacción. Ata a data, centenares de persoas foron feridas e máis de dez foron asasinadas por elementos da policía e da xendarmería do goberno.
Este documental, pretende dar a coñecer o ocorrido entre xuño e agosto, a través das voces de poboadores, mestras, nais de familia e autoridades municipais de Oaxaca.
Informa B.Castrón para Abordaxe!
Deixar unha resposta