[Compostela] Crónica da concentración en solidariedade cxs 12 imputadxs no desaloxo da Sala Yago

12-da-yagoMáis de medio centenar de persoas concentráronse durante un par de horas hoxe nos xulgados de Compostela, en solidariedade cxs 12 encausadxs pola okupación da Sala Yago durante novembro de 2011.  O xuízo foi posposto ata o vindeiro 13 de marzo a causa da renuncia dunha das defensas.

Durante a concentración varias persoas conseguiron achegar os seus berros solidarios ata a porta mesma do xulgado do penal nº1, e aproveitaron a ocasión para tentar transmitir a seu apoio incondicional e fraternidade, especialmente ao Senlheiro, un dos compañeiros encausados que a día de hoxe cumpre unha condena de 7 anos de prisión por motivos alleos a este proceso. A protesta rematou entre berros de “Abaixo os muros das prisións!” e “10,100,1000 Centros Sociais!“. Tras a movilización, nun acto espontáneo xs participantes uníronse a unha outra protesta que se estaba a desenvolver nos xulgados convocada pola Plataforma de vítimas do Alvia, un colectivo formado por varias das vítimas e familiares afectadxs polo accidente de tren en Angrois.

20161005_105208

Informa a Concellería de Pirotecnia da Excelentísima Prefeitura de Conxo

Advertisements

Unha resposta to “[Compostela] Crónica da concentración en solidariedade cxs 12 imputadxs no desaloxo da Sala Yago”

  1. […] Umha crónica do nom juízo, foi publicada polos compas de Abordaxe, e vos ligo acá seu enlace. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: