Mércores 5 de outubro – Concentración nos Xulgados de Fontiñas en solidariedade cxs detidxs na Sala Iago

img-20161002-wa0014

Informa Disnomia para Abordaxe!.

O vindeiro mércores 5 de outubro terá lugar nos Xulgados de Fontiñas (Compostela) o xuízo contra as 12 persoas imputadas pola okupación da Sala Yago, efímera okupación compostelana no vello cine que puxo de manifesto a política xentrificadora e elitista que se está a desenvolver no casco vello de Compostela, convertindo o que aínda segue vivo na cidade en pouco menos que un parque temático a disposición do turismo, morto para calquera propósito que non sexa o de ser un mero lugar de tránsito e consumo. Por isto, o proxecto foi vilipendiado nos medios de masas, e varias persoas foron detidas e acusadas con cargos ridículos, nunha maniobra mediático-policial por criminalizar os movementos sociais e impedir que pudiese existir de novo un contacto entre os devanditos movementos e o resto da cidade, rachando coas divisións impostas polos mass-merda e facendo da cultura unha vez máis algo popular, combativo e non comercial, que ameace os valores, os esquemas e as canles participativas desta sociedade noxenta, facendo política dende a rúa, a autoxestión e a ilusión.

Para tal evento convocouse unha concentración diante dos Xulgados de Fontiñas o mércores 5 de outubro ás 9 da mañá.

Que a solidariedade sexa máis que palabra escrita!
Todxs a Compostela!
Porque eu tamén estaba na Sala Yago!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: