[Humor] Para que logo digan que os policías non sofren a crise!

Informa o comediante Disnomia para Abordaxe!

Quen levamos un tempo nisto dos (mal?) chamados movementos sociais collímoslle tanta manía ás Forzas de Seguridade do Estado e ao Ministerio de Ostias Públicas (máis coñecido como Ministerio do Interior) que somos incapaces de empatizar cos seus membros e de valorar o gran esforzo que realizan a prol da seguridade e a concordia. Consideramos á policía un elemento desclasado e traidor que non merece a nosa solidariedade, apoio, comprensión ou respecto, un fato de prepotentes mercenarios e hipócritas fascistas que mallan en nós, afógannos en multas ou mándannos ao caldeiro en canto teñen a menor oportunidade.Eu pensaba que non andaba errado coas devanditas consideracións pero hoxe cando fun botar unha ollada a un xornal, atopei unha nova agochadiña nun recuncho que me fíxome saltar as bágoas (da risa) e que levoume a pensar seriamente niso que tantas veces afirmamos de que os madeiros non sofren as consecuencias da “crise económica”.

A ver quen pode negar tal cousa despois de ver isto:

noticia-maderos
Semella que con tanto recorte, tanta tarxetiña black e tanto barceneo, os cartos xa non dan nin para mercarlle uns tristes chalecos que protexan aos coitados axentes de diversos proxectiles, e permitan que poidan seguir ostiando, desahuciando e torturando sen risco de mancarse (total, as lesións ben poden inventalas logo nos atestados e problema resolto). Debido a tan precaria situación, os defensores da orde víronse na obriga de intercambiar e compartir os chalecos e de tanto “apatrullar” a cidade baixo o sol abrasador deste verán, o suor testosterónico causou a epidemia. Deben ter a lavadora escarallada no cuartel e os fondos tampouco chegaban para pagarlle ao do servicio técnico. Habrase visto!

Os “continuos abusos e arbitrariedades” contra os “traballadores” policiais levaron a numerosas queixas e á apertura de diferentes procesos ao respecto para tentar desatascar a situación. Alén, polo momento non parece haber sinal de que vaian mellorar as cousas. Quen sabe, se cadra na próxima mani vemos á policía con picores en zona íntima, rascándose debaixo da armadura de robocop, e aínda botamos unhas risas.

A min, polo momento, só me queda lembrar que…

maderos-brazo-armado

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: