[EUA] “Benvidos ao fin do mundo” (sobre as revoltas contra os asasinatos policiais racistas en Charlotte)

Fai un par de semanas aproximadamente, Keith Lamont Scott, un home negro de 43 anos, era asasinado a sangue frío en EUA a mans da policía, desta volta en Charlotte (Carolina do Norte), centro financieiro cuxos suburbios son escenario dunha gran estratificación social. O asasinato foi respostado na rúa con velatorios e bágoas, pero tamén con disturbios. Na segunda noite de protestas, Justin Carr, un rapaz negro de 26 anos, foi asasinado tamén dun disparo na cabeza a mans da policía. Isto foi como querer apagar o lume con gasolina. A revolta non só se extendeu ao resto da metrópole, tamén aumentou a súa crudeza e adoptou novas perspectivas no que respecta á súa duración e posibilidades.

Segue a continuación o texto “Benvidos ao fin do mundo” acerca deste proceso insurrecional aberto en Charlotte e que tamén serve como crónica dos feitos.

Tirado en castelán de La Rebelión de las Palabras (que traduce do inglés publicado en It’s Going Down, portal anarquista que ofrece cobertura informativa do que acontece nos EUA e en Canadá) e traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe!.

1

Nada pode pechar a xanela do descontento masivo aberta pola revolta en Ferguson. A interminable marea de críticas dirixidas contra o movemento insurrecional, os pacificadores da esquerda e das organizacións “comunitarias”, a Garda Nacional e o rexurdimento das bases fascistas foron unha estrutura de staccato para as rebelións, pero ata agora fallaron en esmagalas completamente. Ningunha falsidade pode reverter os efectos intoxicantes da verdade.

Ninguén pode dubidar da absoluta claridade estratéxica dos insurxentes do 20 de setembro, quen rompeu cos demenciais delirios aos que millóns se aferran e sobre os cales lles privan das habilidades básicas de enfrontamento á luz de execucións policiais racistas. Nun belo e creativo desenvolvemento dunha táctica común desde os últimos dous anos de revolta, lanzáronse sobre a I-85, saquearon os contidos de semi-camións estancados e queimáronos no medio da interestatal.

21 DE SETEMBRO – DÍA 2

Na segunda noite de desorde, levou só 30 minutos desenmascarar a polarización ética apontoando todo o movemento de Black Lives Matter*. O que é comunmente descrito como un movemento é, en realidade, polo menos dous. Incluso isto é unha simplificación. A estrutura capilar de poder probablemente produciu 5, 10, 20 bases de reagrupación e transformacións afectivas, todas baixo os mesmos eslóganes. En calquera caso, está claro que hai forzas investidas na re-estruturación amigable coa policía ao redor da formación para a diversidade, as acusacións, as cámaras corporais, as Xuntas de revisión, etc. Estas faccións – das cales os “capítulos” organizados da BLM, os grupos esquerdistas, as igrexas, as organizacións estudantís, e os “aliados brancos”, máis ou menos compoñen a base – son as obvias tendencias revisionistas nunha secuencia histórica aberta por proletarixs negrxs insurrecionais, anarquistas, grupos comunistas, bandas rueiras e elementos furiosos da clase traballadora.

Só ás 19:00 da noite do 21 de setembro, 600 marcharon a unha igrexa no centro de Charlotte. Tan pronto os rezos comezaron, mocidade encapuchada na multitude interrompeu. “Que se foda esta merda de Jesús!”, berraron. Unha demarcación clara foi feita entre os elementos que querían a noite para continuar a desorde da noite anterior e aquelxs tentando impedirlles chegar a ese limiar. A maioría da multitude perseguiu á policía. Un pequeno grupo de policías buscou refuxio no Hotel Omni, o cal foi atacado. Justin Carr, un manifestante, foi disparado na cabeza. O sangue salpicou ao longo da beirarrúa. A situación cambiara. Miles saquearon a tenda dos NC Hornets** xusto ao dobrar a esquina. Unha tenda de produtos básicos, unha bocatería.

Recibimos mensaxes de que alguén foi disparado no Hotel Omni. Aparcamos e corremos cara á manifestación. En canto recuperamos o alento, gas lacrimóxeno é disparado á multitude. Granadas de choque estoupan aos nosos pés. Á miña esquerda e a miña dereita, xente encapuchada está a patear e arroxando de volta os botes de gas que viran no chan. Púxenme unha camiseta sobre a miña cara. Centos de persoas están a saltar e aplaudindo, unhas poucas están tosendo. Un home novo con tatuaxes por todo o seu torso e as súas mans mírame e di, a través da súa máscara, “Este é!, benvido ao fin do mundo!”. Fronte a min, unha nube xigante de gas lacrimóxeno apenas oculta un muro de policías con equipo antidisturbios.

2

3

4

6

7

8

9

10

Durante unha hora a multitude controlou as rúas ao redor do Epicentro, utilizando as barricadas da policía e os colectores para bloquear a estrada. Xs revoltosxs metodicamente destruíron a chapa e as xanelas do Hotel Hyatt e doutros negocios máis nese tempo, mentres que as barricadas foron deixadas indefensas. Cubos de lixo foron incendiados e coches de policía foron rebentados con martelos. Os elementos na multitude atacaron coches aleatorios, mentres outros fumaban herba e rapeaban o agora famoso “Fuck the Police” de Lil’ Boosie, o himno do movemento.

Cando a liña de policías antidisturbios finalmente achegouse á multitude, baixo unha granizada de pedras e algúns fogos artificiais, empezaron a disparar máis gas lacrimóxeno e balas de goma. A multitude dividiuse en polo menos dúas seccións, participando no vandalismo e o saqueo onde fose posible durante o resto da noite.

Un mozo está a agonizar mentres o seu amigo dá uns toques nos seus ollos cunha sudadeira para deter o ardor. Collo a botella de auga de alguén, fago un buraco no tapón e enxaugo os seus ollos. Aparece de novo en pé, colle algo do seu peto e berra, “Quen sabe como tirar do pasador dunha granada?” antes de lanzar unha das granadas de contusión da policía de volta ao cordón de policías en moto. “Si, nós tamén temos desa merda!”. Despois dalgunhas pedradas máis lárganse en moto. A multitude aplaude.

ESTÁSE VINDO ABAIXO EN UPTOWN

O disparo a Keith Scott ocorreu nunha área de North Charlotte, lonxe do acio de torres financeiras e potencias económicas polo que Charlotte é ben coñecida. É notable observar que a revolta do mércores ocorreu no propio corazón de Charlotte e que as manifestacións que seguiron continúan ocorrendo nesa área. Isto as diferenza dos disturbios que recentemente tiveron lugar en Milwaukee. Na segunda noite de disturbios en Sherman Park (Milwaukee) case todos os negocios na zona ou ben foran queimados, ou saqueados, ou esnaquizados cos únicos obxectivos inmediatos da policía e os medios. En Uptown Charlotte todo estaba alí para ser destruído, mesmo o Museo de Nascar.

Por suposto o feito de que a revolta tivese lugar nun importante centro financeiro tamén significou que houbese diferentes límites. A maioría de centros urbanos foron totalmente renovados para atoparse coas novas demandas de contrainsurxencia que seguiron á última gran onda de rebelións na década de 1960. Todo o que pode ser atornillado se atornilla, as cámaras están por todas partes, e a xente é canalizada á perfección a través da infraestrutura “intelixente” entre variadas empresas e corredores comerciais. Ao longo da noite, a escaseza de proxectís dificultou defenderse contra as incursións da policía. De feito, sen persoas con experiencia táctica, puido non haber case ningún proxectil. Isto demostrou ser un gran obstáculo cara o final da noite cando unha barricada non foi defendida e un número relativamente pequeno de policías antidisturbios nun carriño de golf blindado foron capaces de dispersar a un grupo moito maior de loitadorxs que foron incapaces de aparecer con algo co que combatelos. O carriño de golf foi unha importante vantaxe material para a policía, que puido usalo para transportar policías antidisturbios moi rapidamente. Xogou un papel crave en romper a unha multitude que estivera movéndose xunta durante horas. Deulles unha dimensión móbil que non está tipicamente asociada co control de disturbios nos Estados Unidos, pero que é a norma en lugares como Grecia ou Cataluña. Desenvolvementos como este deben ser contrarrestados no futuro. Cara a ese final, enviamos: Eses carriños de golf son como calquera outro, teñen pneumáticos normais que poden ser picados e non teñen xanelas nin portas, deixando aos ocupantes vulnerables ao ataque. Están equipados cun canón de ruído alto e caben ata 5 policías antidisturbios totalmente equipados (se 1 ou 2 póñense detrás).

11

RÁPIDAMENTE, EN DINÁMICAS INTERNAS DA MULTITUDE

Na noite do 21, a multitude parecía estar case enteiramente unificada no seu obxectivo: Ocupar espazos fóra do control policial e saquear e destruír todo o que houbese neles. Con Uptown Charlotte sendo máis nada que un glorificado distrito comercial, realmente non había nada que perder. Tan só fixeron falta unhas poucas granadas de choque para enviar aos pacificadores correndo de volta a casa pola noite. Os reventadores de xanelas poderían agardar aplausos para acompañar a súa coraxe. Centos de persoas estiveron a se axudar unhas a outras a enmascararse, a prender lume a cousas, a devolver os botes de gas a patadas, a facer proxectís, e a manterse a salvo da policía. Con todo, as hostilidades non foron soamente dirixidas á policía ou á propiedade, e facer fincapé nas dinámicas “raciais” dentro e fóra da multitude é de gran importancia estratéxica.

  1. Os revoltosos brancos foron máis ou menos aceptados pola multitude maioritariamente negra, como tamén foi o caso en Milwaukee. Como un participante influente declarou tras ver a algunhas persoas brancas participando nos disturbios, “esta noite todo o mundo é negro”.
  2. Motoristas brancos foron sometidos a unha especie de “contrasinal”, pedíndolles que levantasen os seus puños e declarasen que “Black lives matter” (As vidas das negras importan). Para aqueles que se negaron, os seus vehículos foron rebentados ou pisoteados. Isto ocorreulle ocasionalmente a motoristas negros tamén, suxerindo unha corrente antisocial xeral na multitude, pero a tendencia xeral era a ordenar “racialmente” a situación.

    Isto principalmente estivo a ocorrer cando non había nada ao que prender lume, nin policía, nin xanelas que romper.

  3. Polo tanto, parece que a “raza” foi usada como un vector para a determinación da ética.

Estivemos mantendo a intersección polo Hyatt durante ao redor dunha hora, prendendo lumes e destruíndo o hotel. Dous nenos encapuchados empezan a mover un gran anaco de cemento dentro da multitude para que puidese ser esnaquizado en proxectís que usar contra a carga policial que parece inminente. Unha muller empeza a berrar a ninguén en particular que “esa xente branca non está connosco e necesitan marcharse”. Ela achégase e empuxa o anaco de cemento fóra das súas mans. Un gran grupo ve isto e anima aos nenos para devolver o cemento. Mentres segue berrando que o deixen, un home negro colle o anaco de cemento el mesmo e empeza a rompelo. A policía lanza gas lacrimóxeno e despexa a zona.

12

13

A NECESIDADE DA FESTA

A policía antidisturbios carga pola rampla de saída cara ao noso bloqueo da autoestrada. Todo o mundo empeza a trepar un outeiro cara ao que criamos que estaba a rúa, pero en realidade é unha estación de tren lixeiro. Finalmente temos pedras dabondo e lanzamos ducias desde a ponte aos policías que están debaixo. Un deles debe ter boa puntería porque unhas poucas latas de gas lacrimóxeno aterran sobre a ponte. Movémonos a través dun hotel, baixamos varios tramos de escaleiras e volvemos á rúa. As xanelas caen en todas partes. Un 7-11 está a ser saqueado. Pedras arroxadas aos policías montados en bicicleta fallan e rompen xanelas tras eles. “Rompede esa merda, rompede esa merda!”, alguén berra a pleno pulmón mentres alcanzamos a cima do outeiro e vemos o vestíbulo brillantemente iluminado dun Bank of America. O bloque enteiro é destruído. A policía está máis decidida a dispersarnos agora e nós mesmos estamos un pouco nerviosos. Estivemos mantendo o espazo ben durante unhas horas pero a nosa habilidade para facer isto estase volvendo limitada.

O 22 de setembro, 3 días despois do disparo a Keith Scott, outra manifestación foi programada para ter lugar en Uptown Charlotte. Os arrestados da noite anterior seguían encerrados, segundo informouse a petición da Garda Nacional. O congresista Robert Pittenger conta ás noticias que todos os manifestantes odian á xente branca “porque a xente branca ten éxito”. As axencias de noticias de dereitas fabrican e esaxeran tensións “raciais” que foron mínimas ou inexistentes. As personalidades da esquerda deliberadamente e de forma inxenua renden a axencia á policía, reposicionando á parte insurxente como un mero movemento de protesta vergonzosamente victimizado por un inimigo excesivamente militarizado.

Centos reuníronse e conseguiron cortar brevemente a I-277. A policía lanzou gas lacrimóxeno e balas de goma á multitude. Clérigos, avogados, esquerdistas e outros usaron forza física e intimidación para asegurar a relativa docilidade da multitude, ás veces empuxando e expulsando á xente encapuchada, lanzando botellas ou mesmo insultando á policía. Aquí, contra-revolucionarixs, reacionarixs, pacifistas e reformistas agardan superar tácticamente a insurrección e esmagar o seu horizonte revolucionario. Isto debería ser imposible.

Os poderes e ritmos experimentais que están a dividir América, expoñéndoa á incerteza e a transformación, deben compoñerse a si mesmos nun plano de consistencia. Debería haber o espazo e o tempo establecidos para atoparse e discutir. Necesitamos igrexas, parques, emisoras de radio, casas colectivas, centros, negocios, ou calquera lugar que poida acoller un evento público para combater a idiotez dxs reformistas e da policía. Quizais un grupo de falsa fronte organizativa podería facer unha declaración en negrita á prensa chamando a formas máis profundas e audaces de desorde. Quizais unha pequena banda de xente dedicada podería estender a imaxinación dxs alborotadorxs cunha interrupción oportuna da estación de noticias – como ocorreu durante a insurreción grega de 2008 – ou cunha “flashmob”*** altamente destrutiva poderían renegociar a correlación de forzas para a semana que vén. É demasiado imposible imaxinar un colectivo de herbalistas e estudantes de acupuntura organizando unha clínica temporal, anunciando tratamentos para o gas lacrimóxeno, para o spray de pementa, para as balas de goma? Que complexo de apartamentos recentemente desafiuzado podería ser okupado e transformado nun laboratorio de potencial revolucionario? Estas habilidades, poderes, capacidades e ferramentas non se desenvolven da noite para a mañá.

Está claro que algo está a medrar entre o bloqueo de Non Dakota Access Pipeline, a folga nacional en marcha nas prisións e os movementos e levantamentos contra os asasinatos policiais por motivos raciais. Houbo unha gran explosión de enerxía protesta desde o de Ferguson, e especialmente desde o comezo deste ano. Debemos continuar elaborando e intensificando o proceso insurreccional, construír o que podamos, onde podamos e rebentar o que estea dentro do noso alcance. Vivindo e loitando xuntos. Os poderes establecidos na descomposición dos seus aparellos deben facerse irreversibles, ou xurdirán novos controis os cales serán menos atacables, máis escuros, máis resistentes. Xs máis dedicadxs non podemos satisfacernos a nós mesmxs só con disturbios.

A verdade está na revolta.

D.E.P. Keith Lamont Scott e Justin Carr

INTERNACIONAL DE AXITADORXS
Setembro 2016

Notas de traducción de La Rebelión de las Palabras:

* Black Lives Matter (As Vidas das Negras Importan) é un movemento informal xurdido en EE.UU. tras as revoltas polo asasinato policial dun rapaz negro en Ferguson e que ten como obxectivo combater desde distintos enfoques a impunidade da policía para asasinar poboación negra (especialmente de estratos sociais pobres) e a maquinaria racista do sistema.

** Os NC Hornets son o equipo de baloncesto da NBA da zona de North Charlotte.

*** Flashmob é un concepto que se usa para designar un tipo de acción (non necesariamente de contido político) e na que un grupo de persoas reúnese, realiza de maneira repentina algún acto inusual e escandaloso (non necesariamente ilegal) e acto seguido dispérsanse. Ten como fin xerar desconcerto e a súa motivación pode ser desde lúdica ata reivindicativa. Foi adoptado como táctica por varios movementos políticos para sementar o caos ou para atacar obxectivos puntuais de forma rápida e espontánea, así como tamén para simplemente perturbar ou alterar a orde da cidade, dun centro de produción ou consumo ou dun evento determinado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: