Polonia – Xa na rúa xs 3 anarquistas de Varsovia!

freedomO pasado 23 de maio, como xa espallaron diversos medios contrainformativos, eran detidxs en Polonia 3 compas anarquistas baixo acusacións de ter queimado un coche da policía. Xs compañeirxs foron axiña enviadxs a prisión preventiva de xeito indefinido e malladxs, e os medios de comunicación festexaron as detencións con sensacionalistas reportaxes falando de “terrorismo anarquista” e publicando imaxes noxentas onde xs detidxs aparecían camiñando con cadeas nas mans e nos pés, acompañadxs pola policía. Estas imaxes difundíronse ata no interior do transporte público…

O 18 de agosto, o Tribunal aceptaba a petición do fiscal e ampliaba a prisión preventiva ata un prazo máximo doutros 3 meses para xs compas, quenes levaban xa máis de dous meses en celas de aillamento (“N-Type”) coma prisioneirxs de “alta perigosidade”. Con todo, vimos de saber por unha nova traducida do inglés por La Rebelión de las Palabras de que xs 3 compas foron liberadxs recentemente, baixo medidas restritivas, tras conseguir pagar a fianza de 20.000 PLN (uns 4.600 euros) esixida por persoa (en total 60.000 PLN, case 14.000 euros) a pesar de que coa fin de dificultar todo o posible a posibilidade de liberar axs compañeirxs, o Tribunal concedeu un prazo escasísimo de só unha semana para reunir os cartos e pagar.

Anunciamos que xs 3 anarquistas de Varsovia están libres.

Despois de 4 meses de absoluto illamento conseguimos sacalxs do cárcere. Esta liberación proba como de débil é a evidencia policial e como os “pasos necesarios” da acusación estaban só facendo tempo, usando a detención como forma de tortura para forzar confesións.

Isto tamén demostra que as campañas de solidariedade teñen sentido, non só na dimensión moral, senón tamén na práctica.

Que pode facer unhx agora?

A campaña de solidariedade continúa, xa que o xuízo penal real está aínda por vir. Xs acusadxs seguen necesitando o noso apoio, principalmente no terreo da información e o financiamento. O diñeiro será necesario para os avogados e para a devolución do depósito. Difundir información obxectiva, non policial deste caso e da represión tamén mellora realmente as súas oportunidades no xuízo e protexe o movemento dunha represión maior. Organizar colectas, encontros, eventos, facer circular carteis, volantinas, panfletos e esta web.

Que non debería facer agora ninguén?

O momento da liberación dxs arrestadxs é un momento de intensa atención policial, en días recentes con máis e máis frecuencia secretas e outros policías son vistos observando lugares importantes para o movemento e tentando infiltrarse. Este é o peor momento para cotillear, especular, fabricar feitos, asignarvos a vós mesmxs ou a outrxs a culpa, o mérito, o coñecemento do caso, e para calquera outra acción baseada en información incompleta/falsa.

Se a ti gustaríache contactar cxs acusadxs, pensa dúas veces se es un dos seus seres queridos. Se non, déixalles tomar alento e descansar, haberá tempo para que os nosos camiños crúcense, non unha vez.

Mentres, grazas unha vez máis a todxs xs individuxs e grupos involucrados!
A solidariedade trae a liberdade!

******

Publicado o 17 de setembro

Xuntxs conseguimos reunir toda a fianza (60.000 PLN) antes da data límite! Con todo, a maior parte do diñeiro é presto e necesitaremos devolvelo, o que significa que seguimos reunindo diñeiro para devolver os préstamos e para as futuras facturas dos avogados. Grandes agradecementos a cada persoa e grupo que apoiou axs detenidxs facendo así posible para elxs ser liberadxs. Foi demostrado unha vez máis que o asombroso poder da solidariedade pode de verdade mellorar a situación dxs arrestadxs.

Liberar axs 3 anarquistas mostra o importantes que son as campañas de solidariedade. Pero mesmo a pesar de que están a saír de prisión, non se acabou aínda. A investigación penal contra xs nosxs compañeirxs continúa. Ata o xuízo estarán baixo estrita vixilancia policial. As condicións da liberdade baixo fianza son moi rigorosas, xs acusadxs non poden contactar entre si nin coas testemuñas do caso, deben comparecer nunha comisaría de policía 7 días á semana e non poden cambiar o lugar onde residen ou viaxar ao estranxeiro.

Nesta nova situación é extremadamente importante apegarnos ás regras de comportamento seguro sobre as que escribimos antes. Non debemos cotillear, especular ou repetir información non confirmada.

Unha vez máis grazas a todxs quenes apoiaron a campaña solidaria! Esta mobilización e solidariedade merecen gran admiración. Cada anaquiño de axuda é incalculable aquí.

Para apoio financeiro usa a conta bancaria:

Titular de la cuenta: VpKK e.V.
IBAN: DE 4085 0205 0000 0361 5700
BIC: BFSWDE33DRE
Bank für Sozialwirtschaft
Note \ Tytuł: Donation ABC Warsaw \ ACK Warszawa

IMPORTANTE: Non vos esquezades de engadir o concepto “Donation ABC Warsaw” ou “ACK Warszawa”. Sen iso ninguén saberá que a túa doazón é especificamente para xs tres anarquistas de Varsovia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: