[Alemaña] Incendiados 7 coches da policía e 11 coches de Deutsche Bahn en Magdeburg

11Recollido en castelán de La Rebelión de las Palabras (que traduce do inglés en Insurrection News) e traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe!.

“Case toda a frota de vehículos da policía federal foron destruídos polo lume en Magdeburg” (Dun artigo na prensa rexional)

Na noite do mércores ao xoves, 8 de setembro, prendemos lume á frota da policía federal en Magdeburg.

Sete vehículos policiais aparcados na comisaría central de Magdeburg convertéronse en fume, así como tamén 11 vehículos de “Deutsche Bahn”. A prensa escribe que o dano é estimado en 750.000 euros.

A policía de Magdeburg está agora ocupada cos traballos de esclarecemento, buscando posibles rastros de mostras polos forenses e dicindo bobadas sobre a violencia da ultra-esquerda. Así, os últimos preparativos para a gran festa están en espera. Dixestes “festa”?

O venres, 9 de setembro, baixo o slogan “Tatort Sternstraße 12. eine lange Nacht Partyarrest- auf dem Revier” [que podería ser traducido como “Unha longa noite de detención festiva na escena do crime de “Sternstraße 12” – na comisaría”] os policías practicarán novas formas de posta en escena pública e intentos de recrutar.

O edificio policial votado como o peor de toda Alemaña polo sindicato da policía converteuse, no espazo dun día, nunha adega para estar de festa antes da súa renovación.

As estimacións de que hai un alto índice de enfermidades nos madeiros de Magdeburg están relacionadas co feito de que o edificio segue infectado con amianto e mofo. É de esperar que os hóspedes gozarán respirando o aire deste buraco de ratas! Concertos, DJ’s, show láser, “onde poderiamos achegarnos e falar coa mocidade mellor que nunha festa?”.

A terra de Saxony-Anhalt ten problemas para recrutar novos policías. O ano que vén, necesitarán contratar a 700 no canto dos actuais 350. O ministro do interior e o sindicato policial coinciden no feito de que hai unha falta de “candidatos apropiados”.

Mentres noutras partes do edificio as “operacións diarias” continúan, noutras hai unha festa. Nunha relaxada atmosfera de festa son distribuídos panfletos para a posibilidade de adestrar na policía. Para xs nenxs, hai un “Sherlock-Tour” para a toma de trazas e pistas. Para os máis maiores, está o GAV (policías voluntarios) que inclúe escenas reconstruídas e explicacións do que é necesario “cando a persoa rexeita colaborar”.

O evento está organizado nunha estreita colaboración coa asociación “Kulturanker”, a cal está a organizar a tarde festiva (voluntariamente).

Mentres todxs están a clamar por máis policías, nós empezamos a súa retirada.

No canto dunha “longa noite no barrio”, houbo unha festa da escuma.

A tarde festiva de Sternstraße é só unha razón entre moitas.

Facerlle publicidade á policía… significa facer publicidade a máis vixiancia, control e opresión. Máis PRESENTACIÓNS racistas, violencia policial, expulsións. Máis encarceramentos. Máis presxs abusadxs. Máis mortes na cela…

Un policía non é un amigo. Nunca.

*********

Por que a “Deutsche Bahn”?

Lembramos 2014, cando a DB forneceu trens extra axs nazis para levalxs directamente desde a estación central ao parque industrial “SKET”.
Lembramos a propaganda hostil aos sindicatos contra a folga de traballadorxs ferroviarixs o ano pasado.
Lembramos o tren de transporte “CASTOR” cando a DB fixo as súas liñas ferroviarias dispoñibles para a industria nuclear.
Lembramos o transporte para a Bundeswehr (exército alemán), desde o posto militarizado ata vehículos acoirazados.

Grupos Autónomos

41

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: