Un candidato de Ciudadanos Galicia renuncia tras ser publicadas fotos súas onde amosaba a súa simpatía con grupos neonazis europeos

candidato-ultra-ciudadanos-coruna6_xoptimizadax

Nova elaborada por Disnomia

Segundo informaron varios medios de comunicación oficiais, Antón Landeira, candidato número catro de Ciudadanos Galicia en Coruña, tería presentado estes días a súa renuncia á direción do partido despois de que o xornal ABC publicase na súa páxina web unha serie de fotografías (que o candidato mesmo tería difundido a través das súas redes sociais) onde o candidato aparece con camisolas e posando con bandeiras de grupos ultras europeos de coñecida ideoloxía neonazi.

En concreto, este energúmeno saudaba a simboloxía de Grobari, grupo ultra do equipo de fútbol Partizan de Belgrado, e que é coñecido pola súa violencia asociada á ideoloxía racista e neonazi dos seus membros. Ademáis dunha fotografía onde se lle ve cunha camisola dese grupo, hai outra na que o señor Landeira sae posando cunha bandeira desa mesma formación ultra, e ademáis en ambas fotos posa facendo o clásico saúdo dos tres dedos, característico das SS nazis (era a pose que facían os novos membros das SS nazis cando realizaban o seu xuramento, co brazo dereito alzado e os tres primeiros dedos da man dereita extendidos cara arriba representando fidelidade, valor e obediencia ata a morte).

Segundo ABC, fontes do propio partido fascista (ui, quería dicir “democrático”) terían recoñecido que este paso atrás prodúcese “para non perxudicar ao partido” agora que faltan menos de dúas semanas para as elecións autonómicas en Galiza. Con todo, seica declinaron facer máis declaracións ao respecto, xa que afirman que non queren “alimentar máis polémicas”.candidato-ultra-ciudadanos-coruna1_xoptimizadax-kcjb-1200x900abc

A nós quedounos todo moi claro, e isto, igual que aquelas fotos onde se vía a Albert Rivera pousando xunto a elementos neonazis de Barcelona, só ven a confirmar as nosas afirmacións de que máis alá da maquillaxe democrática e populista que este partido adoptou para tentar rescatar os restos dun sistema electoral e unhas institucións caídas nun descrédito cada vez maior, Ciudadanos é en esencia un partido conservador no que os fascistas síntense ben a gusto.

Ningunha tolerancia contra o fascismo e os seus cans de caza!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: