[A Guarda] Atacan con pintura o restaurante Casa Olga, famoso polas apoloxías fascistas da propietaria

Ataque Casa Olga

Nova elaborada por Disnomia para Abordaxe!

Segundo informaron medios “alternativos” coma o Sermos Galiza, esta noite descoñecidas visitaron e atacaron con pintura de cor rosa o restaurante Casa Olga (A Guarda), que dende fai algún tempo (e especialmente nesta última semana) é famoso nas redes sociais polas continuas apoloxías franquistas feitas pola súa propietaria, que polo visto gosta moito de sacar a relucir “vellas glorias” entonando o “Cara al sol” e ondeando bandeiras e simboloxía fascista durante comidas e cenas no seu establecemento, cuxas paredes están ademáis cubertas de adornos relacionados co enaltecemento do réxime de terror do ditador Francisco Franco.As descoñecidas visitantes deixaron ademáis unha pintada, tamén de cor rosa, que berraba “1936-2016 Galiza nom esquece”.2016090617230150084

Cómpre lembrar as declaracións de Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Comarca da Coruña, e das que o Sermos tamén se facía eco recentemente nestoutra nova, nas que lamentaba que a Lei de Memoria Histórica non faga alusión ningunha ás expresións públicas ou privadas que enaltezcan o franquismo. A nós non nos sorprende, sabemos que o Fascismo e a Democracia son dúas caras da mesma moeda, son o pao e a zenoura cos que o sistema capitalista perpetúa o seu dominio, alternando o totalitarismo coa “permisividade” e a represión máis sutil (pero igualmente atroz).

O propio Fernando Souto engadía na súa declaración a seguinte pregunta: “Que imos agardar dun Estado no que a Fundación Francisco Franco é legal e no que a Falange se presenta ás eleccións?”. Nós respostamos, non agardamos nada. Son moitos os exemplos nos que a permisividade do Estado español con respecto a elementos fascistas foi absoluta. O fascismo non se combate nas furnas nin se combate nos parlamentos, combátese na rúa, coa acción directa e a intransixencia coma ferramentas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: