[Chile] A 18 anos da morte en acción de Claudia López, a 43 anos do golpe de Estado da ditadura

Tirado de La Rebelión de las Palabras e traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe.

“Elas, as fillas de puta.
As femias das lúas rebeldes da intemperie escura, e dos soles tórridos calcinantes do xugo.
Elas as odiadas, as desprezadas, as esquecidas, as negras, as vermellas, as asasinadas, as torturadas, as…
Seguirán de fronte cos seus peitos poeirentos e metrallados inflamando os teus camiños, mostrándoche o seu sexo orgullosamente ergueito de guerrillas.
Continuarán explotando, xemendo demenciais de verdades radicais, alagando os silencios destas selvas de orgasmos libertarios.
E elas seguirán fecundando ao mundo de máis fillas e fillos de puta, e nas rúas tomadas cos seus corpos agriosalados de fusil, para saltarche enriba e cuspirlle á cara á túa cabrona opresión e ao teu cafiche sistema…
Porque hoxe máis que nunca a LIBERDADE leva tatuada na pel a unha Filla de puta!!”

  • Tradución do poema “Homenaxe ás fillas de puta”, da compañeira Claudia López.

tumblr_ma1w3skwra1r5nepro1_500Claudia López Benaiges foi unha compañeira anarquista de Chile, estudante de danza, poeta e guerreira, que entre outras cousas participou e viviu distintas instancias de loita, achegando e combatendo na universidade, a rúa e os espazos autónomos.

O 11 de setembro de 1998, hai 18 anos, a compañeira Claudia López Benaiges era unha das moitas persoas que co rostro cuberto iluminaron a escuridade da rexión metropolitana de Santiago de Chile, na poboación da Pincoya, para lembrar con raiba a resistencia ao golpe de Estado militar e a cruel e humillante maneira na que a Democracia capitalista restableceu a orde, enterrando a memoria e encerrando a quen se atreveu a combater a amnesia.

Aquela noite, a compañeira Claudia foi asasinada polos viles disparos dun bastardo membro dos Carabineros, mentres se enfrontaba á policía tras as barricadas. A súa memoria como a súa danza seguen hoxe inflamando vontades, berros de vinganza que lembran e odian, nun tempo no que o silencio conciliador converte a tolerancia na máis miserable das obrigas.

Que a danza de Claudia López, e doutrxs compañeirxs que morreron ou acabaron presxs por bailar baixo unha treboada interminable, non se esquezan e nos sirvan para os propósitos presentes e vindeiros.

tumblr_m6ibqskv551ql30rzo1_12801-483x1024

Para máis información da vida, loita e morte da compañeira:

Aquí podedes acceder a un PDF listo para descargar dun fanzine editado en memoria da compañeira, titulado “La memoria como acción – Escritos en memoria de la compañera Claudia López”, que recopila varios textos en recordo da compa.

Aquí podedes acceder a outro fanzine de propósito similar, editado a 10 anos da súa morte.

Aquí podedes acceder a un poemario de seu, titulado “La libertad lleva tatuada en el cuerpo a una hija de puta”, e editado por “Editorial Flores en la basura”.

Ademáis, deixo o documentario “Claudia en el corazón”, realizado en memoria da compañeira:

7650_515913745153825_382190165_n

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: