[C.P. A Lama] Poblete en loita!

 Difundimos este comunicado recibido no correo.

boletin

 A finais de agosto, o Xulgado de Vixiancia Penitenciaria requeria á prisión de A Lama trasladar ao hospital Provincial de Pontevedra ao preso alacantino, de orixe chilena, Jose Adrián Poblete Darre, debido ao seu estado de saúde despois de levar varias semanas en folga de fame.

 Adrián púxose en folga de fame o pasado 1 de agosto, unha acción que realiza para protestar contra as inhumanas condicións nos módulos de illamento e pola represión que sofren os activistas prodereitos humanos e propres@s tanto dentro como fóra do cárcere.

  Proponse realizar a folga de fame (na actualidade sostida a base de fármacos) dende o 1 de agosto ata o día en que xulgarase, en Coruña, ao colectivo Nais contra a Impunidade, o vindeiro 2 de novembro, como unha acción de protesta sen que haxa posibilidade que a administración penitenciaria ou o xulgado poida facer nada para que desista.

 Este preso libertario chegou ao cárcere de Pontevedra despois de realizar 2 folgas de fame no cárcere de Estremera, unha de case 3 meses, entre febreiro e abril e outra de sede de varios días en maio, sempre protestando pola inasistencia sanitaria, polo aillamento, polos abusos do funcionariado aos presos, as condicións do 1er grao e en xeral, reivindicando a dignidade das persoas presas.

 En xullo realizou unha nova folga de mais de dúas semanas xa na prisión da Lama e despois de “recuperarse” volve agora a realizar este novo acto de protesta cunha duración determinada de 93 días e centrando a reivindicación na represión ao colectivo Nais contra a Impunidade e en xeral contra a represión aos colectivos e asociacións de axuda a pres@s.

 Este xoven preso ten as comunicacións intervidas por pertencer á Asociación de Presos en Loita Activa estando en illamento continuo e sendo constantemente dispersado.

Solidariedade c@s que loitan!!

Solidariedade Activa c@s Pres@s.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: