Tirado e traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe dende Instinto Salvaje e La Rebelión de las Palabras.
Este martes 6 de setembro, detívose a 7 compañeirxs anarquistas acusadxs de pertencer á Federación Anarquista Informal (FAI), as detencións foron realizadas pola DIGOS (Divisione Investigazioni Generali e Operazioni Speciali) encabezada polo fiscal Roberto Sparagna. A acusación en contra dxs compañeirxs é de asociación con fins terroristas e a investigación, coordinada polo fiscal de Turín, atribúelles a colocación de tres bombas. Unha no barrio de Crocetta de Turín, o 5 de marzo do 2007, e dúas no centro de formación policial de Fossano, o 2 do xuño de 2006.
Ademais das detencións destas individualidades e onde outrxs 8 compañeirxs foron postxs baixo investigación, realizáronse rexistros en 29 vivendas situadas en Piemonte, Liguria, Lazio, Emilia Romagna, Lombardia, Sardegna, Abruzzo, Campania e Umbria.
Xs anarquistas detidxs serían: Anna Beniamino (46 anos), Marco Bisesti (33 anos), Danilo Emiliano Cremonese (40 anos), Alessandro Mercogliano (43 anos) e Valentina Spaziale (39 anos). As outras dúas persoas descoñécese a súa identidade, pero serían dúas mulleres e estaríanas vinculando á FAI – Nucleo Olga, grupo que se adxudica o ataque a Roberto Adinolfi, en maio do 2012 en Xénova, onde os compañeiros Nicola Gai e Alfredo Cospito foron condenados a 9 anos, 4 meses e 10 anos, 8 meses respectivamente.
PRONTO MÁIS ACTUALIZACIÓN
SOLIDARIEDADE CXS COMPAÑEIRXS ANARQUISTAS
VIVA A ANARQUÍA!
__
Na madrugada do 6 de setembro, unha operación coordinada da DIGOS de Turín levou ao rexistro dunha trintena de vivendas en Piemonte, Liguria, Lazio, Umbria, Lombardia, Abruzzo, Campania, Sardegna e Emilia Romana, así como á detención de cinco compañeiras e compañeiros anarquistas coa acusación de asociación subversiva con finalidade de terrorismo: Anna, Marco, Sandrone, Daniele, Danilo e Valentina, ademais da a notificación no cárcere de Alfredo Cospito e Nicola Gai.
A operación, denominada “Scripta Manent”, pretende atribuir a unha única dirección unha serie de accións que teñen en común a reivindicación de parte da Federación Anarquista Informal, recalcando a estratexia represiva dalgúns precedentes como a Operación Cervantes ou a Operación Ousadía e tratando de superpoñer unha estrutura asociativa e xerárquica nas expresións da conflitividade anarquista.
En concreto, os ataques incluídos nesta investigación inclúen o paquete explosivo enviado en maio de 2005 ao director do CPT (N. de T.: “Centri dei Permanenza Temporanea”, Centro de Permanencia Temporal), ao cuartel de vixilancia de Turín – San Salvario e ao superintendente de Lecce [reivindicado pola FAI/Narodnaya Volia], o dispositivo explosivo contra o cuartel do RIS de Parma [24 de outubro de 2005, reivindicado pola FAI/Cooperativa Artesá Lume e Afíns (ocasionalmente espectacular)], o dispositivo contra o cuartel de Carabinieri de Fossano [2 de xuño de 2006, reivindicado pola FAI/RAT (Revolta Anónima e Tremenda)], o paquete bomba enviado en Turín en xullo de 2006 a Coema Edilità (empresa envolta na re-estruturación dos CIE), ao alcalde Sergio Chiamparino e ao director do Torino Cronaca [reivindicado pola FAI/RAT (Revolta Anónima e Tremenda)], as bombas colocadas no barrio turinés de Crocetta [7 de marzo de 2007, reivindicadas pola FAI/RAT (Revolta Anónima e Tremenda)]; ademais doutras accións, tamén o ataque a Adinolfi [7 de maio de 2012] polo cal dous compañeiros foron xa condenados e reivindicaron publicamente o ataque, volve corroborar o relato asociativo.
Para estruturar os indicios, parece que os investigadores dotáronse ademais de peritos lingüísticos e grafólogos, ademais de vixilancia informática, micrófonos ambientais e espionaxe.
Probablemente os compañeiros serán transferidos á AS2 en Ferrara e as compañeiras a Rebibbia, pero estamos a agardar confirmación antes de difundir as direccións.
Seguiremos actualizando e convidamos a quen teña máis información a escribirnos: informa-a@autistici.org
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
This entry was posted on Setembro 7, 2016 at 7:27 pm and is filed under anarquismo, internacional, noticias. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed.
You can leave a response, or trackback from your own site.
Deixar unha resposta