[Italia] Apelan contra o sobresemento da causa aberta en Turín contra as anarquistas Silvia, Costa e Billy

contronocivitaIntrodución e tradución ao galego da nova por Disnomia para Abordaxe!.

Silvia Guerini, Luca Bernasconi (“Billy”) e Constantino Ragusa (“Costa”) son 3 eco-anarquistas veganxs italianxs que foron detidxs en 2010 cando un control policial no cantón de Zurich (Suiza) parou e rexistrou o seu coche, atopando material explosivo e comunicados asinados pola “Frente de Liberación da Terra – Suiza” reivindicando unha acción (aínda non realizada) contra as obras de construción dun laboratorio de nanotecnoloxía de IBM. Xs compas asumiron a responsabilidade polo intento frustrado de atacar esas instalacións e foron condenadxs un ano mais tarde a mais de 3 anos de prisión cada un/ha, tras ser declaradxs culpables de preparación de incendio intencional e de ocultar e transportar material explosivo (foron absoltxs do cargo de importación -comercio ilícito- de explosivos).

Uns anos despois de saír da cadea, en abril de 2015 iniciouse un novo proceso contra xs compas, desta volta en Italia, cando a fiscalía de Turín tentou procesalxs polos mesmos cargos polos que xa cumpriran tempo de cadea en Suiza. En marzo de 2016 declarábase o sobreseimento desta segunda causa, en relación ao procedemento “Ne bis in idem” polo cal alguén non pode ser xulgadx dúas veces polo mesmo feito.

Agora vimos de saber pola nova traducida e publicada no seu blogue por La Rebelión de las Palabras que o procurador de Turín decidiu apelar ese fallo xudicial, pedindo que se anule o sobresemento e se leve a cabo un novo proceso contra Billy, Silvia e Costa en Italia.

O procurador do Estado de Turín, representado por Arnaldi dei Balme, non estaba satisfeito coa sentenza de sobresemento de acordo ao principio de “ne bis in idem”, que debido á falta de xurisdición non permitiu ao caso proceder. Agora están reculando de novo á apelación contra toda a xurisprudencia e pedindo un novo xuízo. Unha vez máis, o fiscal está a insistir en afirmar que o transporte de material explosivo e o intento de atacar ao obxectivo de IBM en Suíza foron planeados en Italia.

O procurador está a tentar probar isto sobre a base da participación de Silvia, Billy e Costa na Coalizione contro lle nocivitá (Coalición Contra a Nocividade). Unha experiencia de loita contra a nocividade que durante os seus anos activos creou unha proxectualidade activa contra as bio e as nanotecnoloxías.

Estes intentos de represión non deberían ser ningunha sorpresa; a lei está construída especificamente para reprimir as contornas críticas e combativas que van contra este sistema explotador.

Para nós fica claro que é unha necesidade desfacernos deste sistema ecocida que usa a ciencia e a investigación como a súa rama executiva.

Para aquelxs a quen lles gustaría profundar a súa comprensión suxerimos a letura da publicación “Solidariedade e Complicidade”, unha colección de textos ao redor do intento de sabotaxe dos laboratorios de nanotecnoloxía de IBM en Suiza e sobre a expresión da solidariedade cando a represión toma vantaxe*.

* N. de T: O título orixinal da publicación aconsellada é “Solidarietà e Complicità: note intorno ao tentativo dei attacco all’IBM in Svizzera dei Silvia Billy Costa e ao processo in Italia” e por agora só se atopa en italiano. Igualmente, se alguén ten curiosidade, desexa traducilo ou lle interesa adquirilo por algún outro motivo, pódense solicitar copias contactando cxs compañeirxs da publicación eco-anarquista italiana Urlo della Terra (Berro da Terra) aquí: urlodellaterra@inventati.org O libro vale 5 euros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: