O caixeiro pintado: A Memoria Fiscal 2016 e unha volta máis de porca no caixón de xastre do “terrorismo anarquista”

4977158172_2a5561bbb0Artigo de Disnomia para Abordaxe

En agosto do ano pasado, dentro dunha campaña a nivel estatal de solidariedade coas presas anarquistas, recibíamos e dábamos pulo en Abordaxe a un comunicado que reivindicaba unha acción de sabotaxe simple contra varios caixeiros de oficinas do Banco Santander na cidade de Pontevedra na que 4 caixeiros foron inutilizados pintando de negro a pantalla con sprays de pintura. As autoras da acción falaban no comunicado de que o motivo para escoller ao Banco Santander era atacalos por lucrarse co diñeiro dos peculios nas prisións (son a única entidade xestora de dito diñeiro nos cárceres españois).

Aínda que non son eu moito de xerarquizar uns métodos sobre outros e aínda que entendo os ritmos e outras diferencias a ter en conta á hora de valorar a implicación ou a envergadura dunha determinada acción ou das persoas que a levan a cabo, paréceme evidente que a importancia dunha acción coma esta é bastante escasa máis alá do significado simbólico dentro dunha convocatoria concreta. De feito, nin a propia prensa comercial local ou a nivel galego fixeron eco deste acto.

Con todo, quenes sí decidiron facerse eco da acción para a sorpresa de moitas foi a Fiscalía Xeral do Estado, que na súa Memoria Fiscal do ano 2016 (que se pode consultar premendo aquí) correspondente aos acontecementos, mudanzas lexislativas e outros eventos reseñables do ano anterior, 2015, recolle esta acción na páxina 303 tipificándoa como “acción terrorista” (!!!).

Outras accións ás que fai referencia son a suposta localización de 3 presuntos “cócteles molotov” fabricados con latas de Coca Cola (???) atopados nun colexio de Córdoba e que se describen textualmente como “latas de Coca Cola con algún tipo de sustancia y con mecha”, os incidentes durante o transcurso da manifestación en Barcelona o 13 de xullo de 2015 en solidariedade cxs compañeirxs anarquistas detidxs nas últimas operacións, un ataque incendiario contra un caixeiro en Porceyo, Asturies, o 27 de setembro de 2015, ou dous ataques incendiarios contra establecementos da empresa Corte Inglés en Barcelona e Madrid (en concreto o ataque incendiario ao cadro eléctrico dun supermercado Opencor no barrio de Les Corts en Barcelona reivindicado en solidariedade cxs anarquistas acusadxs polos ataques ao Corte Inglés na greve do 29 de marzo de 2012 nun comunicado difundido pola rede, e outro ataque non reivindicado pero que na Memoria Fiscal descríbese como “una botella de plástico con 2 litros de un líquido de color claro y un bote, de los usados para llevar café de los establecimientos de comida rápida con una mecha de color blanca insertada, de las usadas para prender petardos” que tería sido atopada, sen estoupar, na caixa distribuidora do cableado eléctrico dun supermercado “Supercor Express” na rúa María Barrientos de Madrid o 14 de decembro do 2015).

A verdade, non sei de que me sorprendo. Que pintar un caixeiro, facer unha pintada ou escachar un cristal sexa para a Fiscalía Xeral do Estado comparable en canto a envergadura e definición a un ataque incendiario ou explosivo non debería sorprendernos cando hai persoas que sufriron acusacións de terrorismo por publicar segundo que cousas nas redes sociais ou por visitar ás compañeiras presas e manter contacto con elas. Sen embargo a min, persoalmente, o que me chama a atención é a sutileza coa que incorporan ao caixón de sastre do “terrorismo anarquista” (tan en boga dende que comezaron a emular no Estado español estratexias de represión masiva xa vistas antes en Chile ou Italia, e consistentes na criminalización sistemática de entornos políticos antagonistas baseándose na pantasma de supostas “organizacións terroristas” paraugas) calquer molestia, calquer desafío. Antes dicíamos “Todo é ETA!”, agora tócanos dicir “Todo é terrorismo!”.

Isto non se escribe, alén do que poida semellar, nun ton victimista. Os tempos non son chegados, e o que se nos achega sen dúbida ningunha son novas fases nesta escalada represiva, que marcarán os termos nos que se desenvolverán os conflictos do mañá e as represalias para as loitadoras que en anos vindeiros osen perturbar a escura orde da dominación. Haberá que estar preparadas…

A única terrorista é a democracia capitalista!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: