[Atenas] Comunicado da okupa de acollida de persoas migrantes e refuxiadas Notara 26 ao respecto do ataque incendiario sufrido o 24 de agosto

O pasado 24 de agosto pola noite Notara 26, un edificio okupado en Atenas para servir de punto de acollida e auto-organización para as persoas migrantes e/ou refuxiadas que chegaban a Grecia, foi obxecto dun potente ataque incendiario con cócteles molotovs e bombas feitas a base de latas de gas. Por sorte sen vítimas que lamentar, o ataque saldouse iso sí con serios danos ao edificio e aos efectos persoais das okupantes, así como ao mobiliario.

Dende a okupa Notara 26, baseándose en ataques anteriores e na coxuntura actual en Grecia, axiña identificaron aos atacantes cos elementos fascistas paraestatais que levan unha longa tempada atacando os espazos anarquistas e a todos os proxectos de apoio ás persoas refuxiadas ou migrantes.

A continuación segue o comunicado emitido pola asamblea da okupa tras o ataque.

Tirado en castelán de La Rebelión de las Palabras que traduce dende o inglés e traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe.

COMUNICADO DA OKUPA DE ACOLLIDA PARA REFUXIADXS/MIGRANTES NOTARA 26 SOBRE O ATAQUE DO 24 DE AGOSTO

O mércores 24 de agosto ás 3:45 da madrugada a Okupa de Acollida para Refuxiadxs e Migrantes Notara 26 recibiu un ataque incendiario. O modus operandi dos incendiarios considerámolo un claro acto asasino, organizado co fin de causar – á parte dos serios danos materiais – tamén a perda de vidas humanas. O tempo deste covarde acto foi escollido durante agosto, cando como crían os incendiarios os reflexos do movemento solidario serían lentos. Aínda que en balde…

Tras o ataque con molotovs e bombas incendiarias con botellas de gas a salvagarda dxs refuxiadxs e a asistencia da solidariedade actuaron inmediatamente, usando os extintores da okupa. As case 130 vidas que foron seriamente postas en perigo foron salvadas só pola inmediata reacción do total dxs residentes, da solidariedade e dxs veciñxs da okupa, así como tamén coa participación do departamento de bombeiros – aínda que caracterizaron despectivamente á okupa Notara 26 como un almacén na súa nota de prensa, implicando que ningunha persoa estaba a residir no lugar.

Este evento particular é un elo na longa cadea de ataques contra as okupas de migrantes, contra xs refuxiadxs, así como tamén contra os espazos sociais libres, que consiste nunha cooperación do Estado e o para-Estado, onde o primeiro actúa usando a lei (desaloxo das okupas Orfanotrofeio, Nikis, Hurriya) e o segundo coas prácticas habituais da mafia (a okupa Vancouver Aparment, Avtonomo Steki, Zaimi, Analipsi, Kaniggos) apuntando ao movemento solidario.

Tras os primeiros meses de mencións humanitarias nos medios sobre o drama dxs refuxiadxs e migrantes, a reacción emerxente da xenofobia e o racismo cambiou radicalmente a posición dos medios de comunicación mainstream e do Estado, desde un enfoque “amigable” á materia a un de confrontación fóbica dxs solidarixs e delxs sendo un obxectivo sen ambigüidades.

Tales accións son incapaces de aterrorizar a nosa solidariedade! A escoria fascista que merodea na escuridade é moi consciente das consecuencias que sufrirá. O seu racismo non ten base social. É expresado só en covardes accións características do inframundo, como unha regra incompleta e errada ao final. A nosa raiba contra o Estado e os seus mecanismos de terror fortalécenos e ármanos con persistencia. Os nosos proxectos continuarán existindo e multiplicándose, acollendo aos malditos do mundo e esmagando frontalmente ao fascismo onde a sociedade estea activa. O noso movemento crea as rupturas necesarias na normalidade imposta do Estado, dos medios e dos seus matóns fascistas.

Durante os últimos 11 meses nós, xs solidarixs e refuxiadxs da Okupa de Acollida para Refuxiadxs e Migrantes Notara 26, actuamos xuntxs de acordo aos fundamentos de igualdade, solidariedade e operación horizontal nunha loita diaria común por unha vida mellor, lonxe de e superando as separacións de calquera clase. Case 5000 refuxiadxs e inmigrantes pasaron pola okupa, onde cos valores da auto-organización e a autoxestión, e a pesar das adversidades, as necesidades de acollida, comida, educación, representación legal, coidado sanitario e entretemento foron cubertas. Unha solidariedade que é realizada continuamente por todxs xuntxs unidxs.

En resposta a esta acción incendiaria todxs, individuxs e colectivos, están chamadxs a apoiar activamente os proxectos solidarios, dando así unha resposta vigorosa ao tentado réxime de terror do Estado e dxs fascistas.

Todxs á manifestación do luns, 29/08/2016, ás 18:00, nos Propileos (estación de Metro de Panepistimiou)!

NOSA SOLIDARIEDADE GAÑA! O VOSO TERROR DESMORÓNASE!

PD: Aos sorrisos dos madeiros nas esquinas, devolvémosllos! Notara 26 está viva e seguirá resistindo!

Asemblea Aberta da Okupa Notara 26
Atenas, 25/08/2016

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: