[Países Baixos] “Algunhas notas sobre os medios e a represión”

PRENSA-BURGUESATexto tirado de La Rebelión de las Palabras que traduce dende o inglés publicado en 325 e traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe!.

Nota introdutoria de La Rebelión de las Palabras: A seguinte reflexión asinada por “Uns poucos inimigos da sociedade do espectáculo” foi escrita por algunhas compas dos Países Baixos e realiza unha reflexión interesante sobre o papel dos medios de comunicación de masas dentro da represión e da construcción dunha realidade que se adapte aos intereses desta, creando e definindo as barreiras que dividen ou incorporan os terreos onde se representan factores elementais para o seu sistema como a legalidade ou a normalidade, contribuíndo activamente na construcción de categorías excluíntes coma a dos chamados “inimigos internos” e “inimigos externos”, coma suxeitos que por unhas razóns ou por outras, non encaixan dentro desas lóxicas estipuladas polos amos e polos seus portavoces oficiais.

No transcurso de agardar os procesos de varixs anarquistas que están acusadxs de ter roubado bancos en Aachen (Alemaña) en 2013 e 2014, a oficina da fiscalía de Aachen e a súa voz obedente, os medios, usan cada oportunidade dispoñible para avanzar na súa investigación. Tanto se é nun nivel xurídico ou noutro máis sutil, todas estas expresións son diferentes tentáculos do mesmo mecanismo de represión.

Como é habitual os medios mainstream están máis ansiosos de obter unha “boa” historia por todos os medios necesarios, pervertidamente escudriñando as vidas das persoas independentemente de calquer ética. Eles por tanto non dudan en axudar á fiscalía en espallar os seus relatos de fantasía. Limos isto sen moita sorpresa – isto é o que os xornalistas fan despois de todo -, vimos o espectáculo histérico que se está a crear arredor dxs implicadxs. Non estar sorprendidxs, con todo, non significa que non sintamos a necesidade de aclarar algunhas cousas que poderían emborronarse no medio desta incesante corrente de vómito escrito e televisado.

Tras ter exaculado numerosos artigos nos cales xs acusadxs foron retratadxs de acordo á imaxe que a fiscalía está tentando espallar, os medios decidiron agora que é hora de crear a súa propia historia. Un rumor chegounos a través da vide* de que certo xornalista holandés publicou unha petición no Indymedia preguntando por información sobre unha das persoas acusadas.

Aparentemente non satisfeito coa imaxe dictada pola fiscalía, él anda na procura de “xente do movemento okupa de Ámsterdam que podería contarme algo sobre X”, tras o cal él afirma que quen decida ser chivatx non ten que preocuparse, xa que él “non lle contará a ninguén que estas conversas tiveron lugar”. Non fai falta dicir que estamos disgustadxs por isto. O que se debería dicir é que ata o día de hoxe ningunha declaración foi realizada polxs acusadxs nin á policía nin aos medios, e por tanto – perdoádenos por sinalar o obvio – ningunha declaración debería ser feita por ninguén máis tampouco.

Que fique claro que os medios e a policía son dúas caras da mesma moeda, e traballan estreitamente xuntos nun xeito máis refinado: os medios van á caza dunha historia, a fiscalía lanza algunhas suposicións e bocetos de personaxes, os medios publícanos e así transfórmanos en “verdade”, e voilá, a fiscalía pode reproducir esta “verdade” e usar a caza mediática contra xs implicadxs. En efecto se os medios o din, debe ser certo. Se os medios din que estes son perigosxs criminais en fuga, deben ser – etcétera ad nauseam. Todos estes esforzos intimidatorios só apuntan a reforzar as acusacións do Estado e traer axs acusadxs ao banquillo xa sentenciadxs por unha máquina de mentiras, calumnias e propaganda estatal. Estas tácticas non se limitan a este caso; reproducíronse a sí mesmas infinitamente ao longo da historia. Os medios non só están ao servizo da represión, tamén son o núcleo mesmo da represión.

A colaboración entre o Estado e os medios sempre foi unha receita para a información enganosa, as cazas de bruxas e a represión. Os medios xogan un importante papel na manipulación da opinión pública, aseguran a hexemonía do apoio para o Estado, incluso cando é forzado a quitar a máscara de “xustiza” e amosa abertamente os seus mecanismos represivos. Os medios excusan a represión contra todo ou contra calquera que se desvíe da norma, contra aquelxs que non funcionan nun xeito que sexa produtivo ou que apoie ao Estado e ao Capital. Incluso, ou se cadra especialmente nun réxime democrático tal como este baixo o que vivimos, os medios están entrelazados coa propaganda estatal; ambos ofrécennos a ilusión de que temos a opción de formarnos unha opinión, decidir por quenes queremos ser oprimidxs. Con todo, estas “eleccións” están sempre confinadas dentro dos mesmos parámetros ríxidos dun réxime totalitario que non permite ningún desafío a sí mesmo, ás súas lóxicas, ao seu Poder.

A Democracia refinou a arte do lavado de cerebros, ata o punto de facer pasar a propaganda mediática como unha coexistencia de múltiples opinións, como a transmisión de información imparcial e pensamento “libre”. O seu único obxectivo con todo consiste en manter a autoridade dos Estados e do capital. Por suposto, a Democracia permite que existan algunhas diverxencias de opinións lixeiramente contraditorias -pero de feito complementarias- para crear un debate auto-reforzador, pero nunca un desafío á existencia da autoridade institucional en sí mesma. Crea unha participación voluntaria baseada na única afirmación de que a Democracia é menos mala que outros réximes totalitarios, que deberíamos considerarnos afortunadxs de vivir baixo un réxime democrático.

Con todo, todo réxime precisa inimigxs coa fin de ofrecer unha solución aos problemas que elxs crearon, para lexitimar o seu aparato represivo e finalmente lexitimarse a sí mesmo. A procura e a clasificación de enemigxs tamén está reforzada e é exercida polos medios. Nós observamos o silencio e as excusas dos medios na “crise” económica e os problemas dos bancos; tamén escoitamos as súas enfermizas historias sobre “inimigos externos” merodeando ás portas da Fortaleza Europa, acusadxs de querer gozar dos froitos do benestar occidental – froitos que foron gañados con séculos de saqueo polos mesmos países occidentais. Os medios reforzan a representación das persoas como meros números, reforzan o clima de medo no cal os países occidentais satúranse a sí mesmos, e simultáneamente amosan un afán sempre crecente por encomiar novas “medidas de seguridade” supostamente para manter fora ou pechar axs indesexados, aqueles que poderían causar que o sistema cambalease.

Se eses indesexados denominan aos milleiros de persoas na procura dunha vida mellor nalgures no mundo ou a aquelas que rexeitan ou non poden inclinarse ao Poder (ou unha combinación das dúas) é irrelevante. As fronteiras asasinas están sendo levantadas arredor da súa Fortaleza para manter axs “refuxiadxs” fora, mentras dentro dos muros a represión apunta ao silencio e castiga a calquera que non poida ser afastada ou eliminada do terreo. Os medios falan de inimigos externos, o Estado tamén busca aos seus inimigos internos.

Obviamente a represión non está limitada axs anarquistas, con todo céntrase a miúdo en aquelxs que deciden  combater a represión. Por exemplo, na Haia, moitas persoas recibiron unha prohibición de área porque atrevéronse a amosar solidariedade e axitar nun barrio nun tempo de control, de cámaras, de arrestos preventivos e rexistros. A prohibición corresponde ao barrio de Schilderswijk, onde no verán de 2015 disturbios tiveron lugar varios días consecutivos despois de que os madeiros asasinasen a alguén. Xs anarquistas foron logo acusadxs de ter incitado á revolta. Naqueles días mesmo cuestionar o sistema e chamar á loita nun cartaz referíndose á revolta abondaba para ser acusadx de incitación.

Os golpes represivos con todo non poden ser vistos coma eventos isolados e simples, non existen nun baleiro. Forman parte dunha agresiva campaña multiforme, que apunta a acadar un paso mais, distinto, na devoración da liberdade, en expresar violentamente a dominación do Estado. Tanto se respecta a xustificar a militarización das rúas, medidas de emerxencia, lexitimizar a construción de muros nas fronteiras, masacrar persoas ou perseguir as súas campañas contra xs rebeldes e revolucionarixs, certamente precisa dunha voz que cree unha realidade e unha atmósfera nas cales a represión é posible, aceptable e oxalá non cuestionada. Estes son os mecanismos da propaganda do Estado, este é o propósito dos medios.

Os medios son unha parte integral e esencial na autoridade gardando o seu control e dictando a dependencia e aprobación que precisa para mandar. Os milleiros de palabras e imaxes que cubren as pantallas e papeis (do váter) dos xornais non son un eco ou un reflexo da realidade, forman unha parte integral da creación desa realidade, da imposición da moralidade, as reglas e as lóxicas que permiten a existencia do Estado.

Cando alguén desafía esta realidade – o marco da autoridade en sí mesma -, cando alguén pelexa contra ela ou simplemente rexéitaa, non hai piedade amosada ao isolamento ou neutralización que ésta desata por todos os medios contra eses individuxs ou grupos. Non só a través das sentencias do sistema de xustiza, senón tamén a través da estigmatización desxs individuxs cara o resto da sociedade, asegurándose de que levarán a súa letra escarlata durante o resto das súas vidas. Os medios axudan ao Estado a apoiarse na opinión pública para continuar o seu traballo: xulgando, especulando e representando tan asépticas como sexa posible as ideas e prácticas que aquelxs incompatibles co sistema defenden ou están acusadxs de defender. Cando os medios retrátanse a sí mesmos coma unha sala do tribunal, procuran xuíces e fiscais no público. E isto é onde precisamos ter coidado, onde precisamos considerar o noso (se cadra inconsciente) papel na continuación deses mecanismos, e preguntarnos a nós mesmxs canto contribuimos á especulación e creación de roles e dunha realidade que só se adapta á narrativa da dominación.

Non esquezamos que a represión pode ser combatida en moitas áreas. Un tribunal e os artigos do xornal con todo non están entre estas, ese non é o terreo das nosas loitas, métodos e ideas. Deixemos a especulación e a distorsión da realidade aos expertos – o Estado, os medios e os seus defensores -, entendamos e interveñamos na realidade nos nosos propios términos.

Uns poucos inimigos da sociedade do espectáculo

—-

*N. de T.: A expresión “a través da vide” (“Through the grapevine” en inglés) úsase no inglés para referirse a unha información dubidosa que chega por unha canle pouco fiable ou por medio de rumores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: