[Pontevedra] Faixas solidarias coas compas detidas polos atracos en Alemaña

Recibimos e espallamos20160828_185429

Hoxe, 28 de agosto, coma un xesto mínimo de solidariedade e complicidade coas compañeiras detidas en Barcelona e Ámsterdam ao longo dos últimos meses acusadas de expropiacións bancarias en Alemaña, colocamos dúas faixas en zonas altamente transitadas e concurridas da cidade de Pontevedra.

Na Praza da Ferrería, en pleno centro, colocamos unha faixa co lema “Atracar bancos non é roubar… É recuperar o roubado!! Solidariedade coas detidas acusadas de atracos en Alemaña” xunto a unha A circulada. No palco da Alameda, xusto enfronte do edificio da Deputación, nunha zona tamén moi visitada durante o día, colocamos outra co lema “Todos os valores desta sociedade son prisións de alta seguridade”.

Con isto pretendemos enviar un pequeno saúdo ás nosas compas de Barcelona, actualmente detidas en Alemaña en prisión preventiva (nos cárceres de Köln e Aachen, respetivamente) e agardando xuízo en condicións de isolamento, con comunicacións intervidas e sen poder ser visitadas polos seus seres queridos. Tamén queremos saudar con máis forza á compañeira que foi detida en Ámsterdam, e que atópase na rúa baixo medidas restrictivas, agardando a que o próximo 1 de setembro comece o proceso que decidirá se finalmente é extraditada a Alemaña. MOITA FORZA PARA OS DÍAS QUE VEÑEN!

Porque “inocentes” ou “culpables” para nós son e seguirán sendo as nosas compañeiras, nas cales, en caso de ser certas as acusacións, recoñeceríamos un acto valente, consecuente e digno de rebeldía e coherencia íntegra coas ideas anarquistas. Especialmente cando o atraco se leva a cabo contra unha entidade coma Pax Bank, banco propiedade do Vaticano, representante principal dunha das institucións máis noxentas, patriarcais, homófobas e imperialistas da historia, a Igrexa.

Todo o noso amor para todas aquelas que optaron polas decisións difíciles a pesar das consecuencias…

Forza tamén aos presos que comezarán estes días movilizacións nas prisións estadounidenses contra a represión e o encerro!

Anarquistas solidarias.

20160828_190337

20160828_190328  20160828_185420

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: