[Lisboa] Feira Anarquista do Libro 2016

Informa: feiranarquistadolivro@riseup.net

DA1

Feira Anarquista do Libro 2016
Lisboa, 24 e 25 de setembro.

“En todos os sitios onde os civilizados apareceron por primeira vez, foron sempre considerados polos indíxenas como seres nocivos, pantasmas, espectros. Nunca como seres vivos!
Intuición insuperábel, profética perspicacia, aínda se pode dicir. “
E. Cioran

A traxedia quizais tiña comezado coa chegada da humanidade, mais nunca como agora a vida estivo tan acurralada e acorrentada. As utopías sociais están completamente mortas, os novos mesías da democracia caen moito antes de poderen sequera indicar o camiño da salvación… e os dominados e dominadas? Estes resignanse cada vez máis á súa condición de rabaño, o progreso tecnolóxico condicionaos como nunca e nada nesta historia nos fai agardar un final feliz. Sabemos que todo isto vai acabar moi mal e, por iso, algúns e algunhas xa non temos nada a perder: decidimos coller a vida cos dentes e os puños fechados, xa que o sangue aínda nos queima nas veas! E é así que insistimos en máis unha Feira Anarquista do Libro, porque aínda nos interesa propagar a palabra dos/as rebeldes, dos criminais e das criminais, dos conspiradores e das conspiradoras, e porque insistimos en manter vivas memorias e saberes dos cales nos tentan, custe o que custe, facer orfos, porque sabemos que desistir xa non é unha opción, xuntaronnos ao abismo e só nos queda resistir…

E despois de dous anos de ” Mostra de Edições Subversivas ” optamos por recuperar un nome xa vello e non, non nos puxemos nostálgicos, pero nestes días en que a anarquía volve ser o crime que contén todos os crimes, coa represión a golpear grupos e individuos en todo o globo (España, República Checa, Francia, Grecia, Chile, etc.), decidimos que esta palabra non está baleira, leva ás súas costas séculos de ouveos que berran “Non!”

E como un fungo especialmente teimoso, aquí estamos e aquí seguiremos …
Para participar na Feira Anarquista do Libro de Lisboa, contacta connosco a través do correo electrónico: feiranarquistadolivro@riseup.net

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: