Outra detención en Barcelona en relación ás expropiacións bancarias en Alemaña

2012-04-10 00.15.18Recollemos a seguinte nova de Solidaritat Rebel acerca dunha nova detención dun compañeiro en Barcelona o pasado 21 de xuño, tamén relacionada co caso dos atracos ao banco do vaticano Pax Bank en Aachen, Alemaña, polo que xa foron detidas dúas compañeiras en Barcelona e Ámsterdam o 13 de abril e o 6 de xuño respectivamente. A compañeira detida en Barcelona o 13 de abril foi xa extraditada a Alemaña e atópase presa no cárcere de Köln (Colonia) mentras que a compañeira detida en Ámsterdam atópase na rúa, baixo condicións restrictivas, mentras agarda a que se decida se será extraditada (a vista debería dar comezo o día 1 do próximo mes de setembro). En canto ao compañeiro do que fala esta nova, tamén foi enviado a prisión preventiva e posteriormente deportado a Alemaña, onde ingresou na prisión de Aachen.

Solidariedade activa coas que loitan por expropiar as súas vidas recuperándoas das sucias gadoupas do Capital e o Estado!

Traducido por Disnomia para Abordaxe.

A madrugada do pasado martes 21 de xuño o Corpo de Mossos d’ Esquadra rebentaba a porta de casa dun compañeiro anarquista de Barcelona, onde vivía coa súa parella e outros compañeiros de piso. Todos eles foron espertados encañonados por armas de fogo e esposados durante horas mentres a policía rexistraba e saqueaba o domicilio situado o barrio do Eixample. Finalmente o compañeiro foi detido e trasladado a Madrid, onde a Audiencia Nacional ditou o seu encarceramento preventivo en base a unha Orde Europea de Detención e Entrega emitida desde a Fiscalía de Aachen, que o acusa de participar na expropiación da sucursal bancaria do Pax Bank ocorrida o novembro do 2014, a mesma acción pola cal se atopa encarcerada a compañeira detida o 13 de abril no Carmel. Neste caso, con todo, a policía decidiu prescindir da escenificación e a espectacularidade mediática que utilizou na operación de abril, sen emitir ningunha nota de prensa nin avisar aos media da operación.

Segundo puidemos saber, a orde de detención baséase na suposta coincidencia entre un rastro de material xenético atopado no Pax Bank de Aachen e unha mostra de ADN que os Mossos tomaron ao compañeiro simulando un control de alcoholemia. Neste falso control, a policía fíxoo soprar ao alcoholímetro e, unha vez acabada a proba, quedouse o soplete de plástico para extraer o perfil xenético do compañeiro a partir da saliva restante.

Despois dunha relativamente breve reclusión na prisión madrileña de Soto de Real, o compañeiro foi trasladado á prisión de Aachen -estado federal de Nordrhein Westfallen (oeste de Alemaña)- onde se atopa en condicións similares á compañeira detida en abril: unha hora diaria de patio, convivencia no mesmo módulo con outros prisioneiros preventivos, unhas poucas horas de visita ao mes, imposibilidade de chamar por teléfono ás súas persoas próximas, e todas as comunicacións intervidas. Especialmente vulnerante é o formato das visitas, que se celebran en presenza de dous axentes da unidade policial encargada da investigación do caso e unha intérprete que traduce a conversa de xeito simultáneo.

Aínda así, esta non é a primeira vez que o compañeiro se enfronta ás dificultades do castigo e a institucionalización carcelaria. O seu encarceramento actual súmase a unha condena anterior de máis dunha década en Portugal -de onde é orixinario- durante a cal se destacou pola súa denuncia dos abusos e as violacións dos dereitos dos presos, participando en folgas de fame, organizándose con outros reclusos para mellorar as súas condicións de vida, animando ao abandono das drogas coas que a institución ten sometida a poboación encarcerada e creando persoalmente unha voluminosa biblioteca libertaria coa que fomentaba a concienciación e a formación política dos presos, dando así continuidade ao oficio de libreiro que desenvolvera antes de entrar en prisión. A súa actitude solidaria e combativa púxoo repetidamente no punto de mira da institución e os seus castigos, sendo en última instancia procesado como un dos 25 procesados polo coñecido motín de Caixas*. Unha vez na rúa, o compañeiro trasladouse a Barcelona, onde se lle podía ver participando a miúdo nos ateneos, as mobilizacións na rúa e as actividades do movemento libertario.

Agora afronta, xunto coa compañeira detida en abril, a futura celebración do xuízo no cal se xulgará a súa presunta participación na expropiación bancaria de novembro do 2014. Lembramos que con el xa son tres as persoas procesadas polo que a policía alemá describe como unha ?serie de atracos? ocorridos en Aachen entre 2012 e 2014, incluíndo a compañeira holandesa que se atopa en liberdade provisional á espera do xuízo que terá lugar o próximo setembro, cando se decidirá se é novamente extraditada en Alemaña, onde xa cumpriu varios meses de prisión preventiva acusada de levar a cabo unha expropiación en 2013.

Vaia para elas toda a nosa forza e solidariedade, todo o respecto e o apoio para quen é perseguido en nome da orde capitalista e os seus fundamentos: a explotación entre iguais e a submisión de toda a vida, as relacións sociais e os territorios á lóxica cega do beneficio, a conversión de diñeiro en máis diñeiro, e o lucro duns poucos sobre o empobrecimiento do resto.

Liberdade para as acusadas de expropiar bancos en Alemaña!
Liberdade para todas as loitadoras encarceradas e perseguidas!

(*) Neste motín, sucedido en marzo do 1996, a onda ascendente de loitas protagonizadas polos reclusos das prisións portuguesas durante os ’90 chegou a un punto culminante e eclosionó nunha protesta xeneralizada no centro penal de Caixas, un das máis superpobladas de Portugal, e onde o incumprimento dos dereitos promulgados tras o derrocamento da ditadura era máis patente. A protesta, que reclamaba pouco máis que a aplicación destes dereitos mínimos constitucionais, foi afogada a base de salvaxes malleiras contra os 180 folguistas que participaran da mobilización.

Advertisements

Unha resposta to “Outra detención en Barcelona en relación ás expropiacións bancarias en Alemaña”

  1. […] comunicación anarquista galiza « Outra detención en Barcelona en relación ás expropiacións bancarias en Alemaña […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: