España duplica en poboación reclusa a media europea cunha das taxas de delincuencia máis baixas do continente

carcel monopolySegundo un estudo elaborado pola ROSEP (Red de Organizaciones Sociales del Entorno Penitenciario), o numero de persoas encarceradas no estado español debería reducirse á metade para entrar en consonancia coa media europea. Queda así desmentida a absurda falacia de que españa é un país cun código penal laxo, cun sistema penitenciario no que os delincuentes entran por unha porta e saen pola outra. Mentira sen escrupulos que levou aos políticos dunha e outra pelame a realizar populismo punitivo, lexislando a golpe de titular xornalístico, endurecendo sucesivos códigos penais e pedindo a berros a cadea perpetua revisable, supostamente para equipararnos a unha europa cada día máis distante, mentres na realidade equiparámonos ás taxas penitenciarias das repúblicas bananeiras.

A taxa de delincuencia do estado é un 27% inferior á media europea (menor que a de Suecia, Dinamarca ou Finlandia) e o seu índice de homicidios o terceiro máis baixo. Mentres tanto, a taxa de encarceramento é a segunda máis alta de europa (un 34% por encima da media) e a duración das condenas duplica ampliamente a media comunitaria (18 anos de condena promedio frente aos 7,1 da unión europea -8,5 en Alemania, 8,4 en Francia e 6,1 en Italia-). Isto débese aos sucesivos endurecementos do código penal que, a pesar da redución paulatina do número de delitos, incrementou sobremanera as penas ata multiplicar por dous o número de encarcerados con respecto á década dos 80. Doutra banda, mentres noutros países da contorna apostan por outro tipo de medidas punitivas que non impliquen a entrada en prisión, españa endurece as condenas, o que ocasiona o tremendo desfasamento que implica que a metade dxs presxs do estado español estarían libres se fosen condenados noutros lugares de europa.

Nós, como anarquistas, opoñémonos radicalmente ao sistema xudicial e penal que lamentablemente sufrimos, pero iso non implica que non denunciemos o excesivo rigor co que este estado aplica a súa propia lexislación (que evidentemente nós non compartimos pero si padecemos) así como a descompensación represiva con respecto ao resto de países capitalistas da nosa contorna directa.

C.R. para Abordaxe!

Podedes atopar máis información sobre este informe neste artigo de Infolibre. Outros medios informativos comerciais tamén recolleron a noticía, podedes acceder a eles cunha simple búsqueda pola rede.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: