Catro días de incendios arrasan 6.000 hectáreas e obrigaron a desaloxos en 11 concellos.

Vista aérea do incendio de Arbo, que afecta a unhas 500 hectáreas e no que tamén se activaron desaloxos

Vista aérea do incendio de Arbo, que afecta a unhas 500 hectáreas e no que tamén se activaron desaloxos

Informábamos en Abordaxe hai uns días, difundindo unha nova de Praza Pública, de que os incendios comezaran arrasando máis de 800 hectáreas en distintos puntos da Galiza. Agora, estoutra nova tirada tamén de Praza Pública actualiza a dramática información e fala xa de máis de 6.000 hectáreas reducidas a cinzas polos incendios forestais, ademáis de obrigar a desaloxos en polo menos once concellos.

Segundo Feijóo (persoa totalmente de fiar, como non) van 40 persoas detidas pola súa presunta relación coa provocación estes incendios, pero eu pregúntome, de novo, quenes están realmente detrás de todos estes desastres? Eu persoalmente dubido que se trate exclusivamente das “travesuras” illadas dunha panda de pirómanos, e sen querer caer en visións conspiranoicas, son moitos os intereses económicos que poderían beneficiarse de tan tráxicos sucesos. Que cada quen pense e saque as conclusións que queira.

Nova tirada de Praza Pública e publicada xunto coa introducción por Disnomia.

Desde o pasado luns arderon en Galicia máis de 6.000 hectáreas nunha vintena de incendios forestais, nove dos cales seguían sen control a primeira hora da mañá deste venres, tres deles con risco para a poboación. Nestes catro días de lumes as autoridades activaron a Situación 2 por risco para a poboación en 11 lumes, nos concellos de Vilagarcía, Cotobade, Mondariz, Soutomaior, Redondela, Santiago, Porto do Son, Avión, Cee, Arbo e Crecente. Esa alerta segue activa en Porto do Son, Arbo e Crecente.

Como comparación, o risco para a poboación activouse nun total de 13 ocasións en 2015, cando arderon 12.000 hectáreas; ningunha en 2014, o ano en que menos ardeu das últimas décadas con só 2.000 hectáreas; e 22 veces en 2013, cando se queimaron 19.200 hectáreas.

Situación dos principais incendios sen control na mañá do venres 12

-Porto do Son: Incendios iniciados o mércores nas parroquias de Baroña e Xuño acabaron uníndose e afectando a Queiruga e Caamaño e suman unhas 1.000 hectáreas, con risco para a poboación e coa actuación da UME.
-Arbo: Un incendio iniciado na parroquia de Mourentán na noitiña do mércores afecta xa a 1.515 hectáreas, tamén con risco para a poboación.
-Crecente: Na tarde do mércores iniciouse un incendio na parroquia de Albeos que afecta a máis de 200 hectáreas e que tamén ameaza vivendas.
-Santiago: Un incendio iniciado no mediodía do mércores na parroquia de Fecha que consumiu xa 800 hectáreas requiriu desaloxos, xa desactivados,  e a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Ademáis destes lumes, permanecen sen control dous incendios en Soutomaior (na parroquia de Arcade con 400 hectáreas e na de Soutomaior con 230), e outros en Avión (Nieva, con 345 hectáreas), Laza (Toro, con 50 hectáreas) e Cerdedo (Quireza, con máis de 20 hectáreas).

57ac3bceca06f-avion

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: