[Grecia] “Este foi un fogar…”

orfananotrofeioO seguinte texto foi escrito por unha nai refuxiada tras o desaloxo de Orfanotrofio, onde ela vivía cxs seus fillxs. Orfanotrofio é o nome dunha das 3 okupacións en Tesalónica, Grecia, que foron desaloxadas fai uns días. Antes do desaloxo, servían como puntos de acollida para familias refuxiadas e/ou migrantes, dende un punto de vista antiautoritario e autoxestionado, abolindo os vicios do asistencialismo e das relacións verticais de tutela e permitindo a auto-organización das propias persoas acollidas para respostar por sí mesmas e a solidariedade recíproca, e combatendo a farsa da “acollida” que ofrece o goberno de Syriza, e que non é outra cousa que represión, control e encarcelamento en campamentos de refuxiadxs na mais absoluta miseria. Coma dato anecdótico, fai uns días, unha nena afgana de 14 anos tentaba suicidarse no campamento de Elliniko.

O texto foi tomado de La Rebelión de las Palabras que traduciu ao castelán e raducido ao galego por Disnomia para Abordaxe.

Este foi un fogar…

Este foi un fogar para min e para xs meus nenxs. E para trinta familias mais e moitas outras persoas. Estivemos vivindo coma unha gran familia, e chegamos desde todas partes do mundo. Foi a nosa escola, a nosa cultura. Abrazou as nosas diferentes opinións e creenzas. Foi a auténtica man tendida para todxs. A liberdade de fala e de expresión existiu aquí no sentido completo do termo.

O principal obxectivo deste lugar foi xuntar e unir todas as ideas e prácticas humanas para servir axs débiles e oprimidxs e apoiar axs desposuídxs. E xusto cando criamos que estábamos por fin a salvo, que estábamos no sitio adecuado, os gobernos europeos que afirman apoiar a xustiza e a igualdade e non o sectarismo e o autoritarismo e que supostamente se sitúan a favor da liberdade e a democracia decidiron que nós non merecemos vivir en paz. Decidiron que debemos vivir nos campamentos, moi afastadxs do mundo, en condicións que nin sequera os animais tolerarían. É difícil para nós aceptar a verdade de que non somos parte da humanidade, de que os dereitos humanos non son válidos no noso caso. Como refuxiadxs e inmigrantes o noso único “dereito” é ver axs nosxs fillxs enfermar e morrer ante os nosos ollos, ver ás mulleres pelexar para conseguir necesidades básicas. Están a movernos como marionetas, tiran das cordas e respondemos acordes… E hoxe o goberno expuxo outra decisión contra nós: a sangue frío derrubou e arrincou todo. Golpearon con indescritible brutalidade. Viñeron preparados e completamente equipados, coas armas cargadas, coma se fósemos menos que animais, e derrubáronnos con esposas ante os ollos dxs nosxs fillxs.

Pronto os nosos soños desapareceron.

Foron reemprazados polas imaxes que criamos que deixáramos atrás. E criamos que nunca seríamos oprimidxs de novo. E que construiríamos un futuro máis brillante para xs nosxs fillxs, sen medo, no país da liberdade e os dereitos. Mesmo a pesar de que a discriminación está en todas partes, aínda sentimos profundamente que hai unha chea de persoas que plantarán cara ás dificultades. A súa vontade é forte e non temen a nada. E non renden a súa dignidade baixo ningunha circunstancia, a calquera prezo. E esperamos que ti esteas en solidariedade con nós para que así todxs xuntxs, paso a paso, defendamos cada dereito de cada persoa, e reclamemos todo o que nos foi arrebatado. Co valor e a forza das persoas libres que cren en loitar pola súa liberdade…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: