[Pontevedra] Manifestación contra as touradas
Informa a plataforma Touradas Fóra de Pontevedra
Bo día compañeiras e compañeiros:
Desde Touradas fóra de Pontevedra informámosvos de que o vindeiro sábado 13 de agosto convocamos unha nova manifestación pola abolición das touradas. A mobilización partirá ás 20h da Praza da Peregrina de Pontevedra baixo o lema “Nin convenio nin touradas”.
Máis un ano solicitamos o voso apoio á manifestación, así como a vosa presenza e a difusión pública da mesma. Como sucedeu en anos anteriores, faremos público tanto nas redes sociais coma nos medios de comunicación os nomes das organizacións e colectivos apoiantes.
Coa forza de todas e todos demostraremos de novo que en Pontevedra e Galiza estamos pola abolición das touradas e que máis cedo que tarde estas serán só un mal recordo do pasado.
Agosto 10, 2016 ás 11:28 pm
[…] Pontevedra – Manifestación contra as touradas […]