[Grecia] Ditadas as sentencias contra Andreas Tsavdaridis, Spyros Mandilas e xs compañeirxs da CCL polas accións do Proxecto Fénix

O Proxecto Fénix foi unha campaña de accións de sabotaxe e de ataque armado lanzada no 2013, co obxectivo de coordinar as distintas prácticas insurrecionais que estaban a ter lugar internacionalmente naqueles momentos. Dende entón ata o día de hoxe, o chamado foi respostado con ata 18 ataques reivindicados, tanto en Grecia como noutros países (tanto europeos como Alemaña, Reino Unido, Italia ou Rusia como de Sudamérica – México e Chile – ou mesmo de Asia, con varios ataques en Indonesia). A resposta represiva centrouse en Grecia, onde dous compañeiros, Andreas Tsavdaridis e Spyros Mandilas, foron detidos en Tesalónica fai 3 anos, en xullo de 2013, acusados dos 3 ataques realizados en Grecia ata aquel momento. Andreas asumiría logo a responsabilidade por un dos ataques, mentras que Spyros negou os cargos pero solidarizouse con Andreas e fixo unha defensa clara da loita armada anarquista nas súas declaracións e comunicados. Tamén foron acusadxs como “instigadores” xs 10 compañeirxs da Conspiración das Células do Lume, daquela xa en prisión. O xuízo contra Andreas, Spyros e xs compas da CCL comezou en 2014 e dous anos despois rematou, fai uns días.

Segue a continuación a información traducida do blogue grego Mpalothia polxs compas de Sin Banderas Ni Fronteras (Chile) ao respecto das sentencias emitidas.

Información tirada en castelán do blogue La Rebelión de las Palabras e traducida ao galego por Disnomia para Abordaxe!.

O martes 26 de xullo ás nove da mañá nunha sala especial para xuízos na prisión feminina de Koridalos desenvolveuse a sesión final do xuízo polos ataques do “Proxecto Fénix” en Grecia. O xuízo durou máis de dous anos e comezou en xuño de 2014.

Xs acusadxs foron os compañeiros Spyros Mandilas (quen negou os cargos pero defendeu a violencia revolucionaria anarquista), Andreas Tsavdaridis (quen desde un comezo asumiu a súa responsabilidade no envío dun paquete bomba contra un xefe de policía en 2013) e xs 10 compañeirxs da Conspiración de Células do Lume, quen xa estaban todxs en prisión cando se realizaron os ataques.

Na sala de audiencias compañeirxs solidarixs estiveron presentes apoiando axs compañeirxs acusadxs.

En concreto, xs compañeirxs estaban sendo acusadxs de:

1) Andreas Tsavdaridis:

Participación en Conspiración de Células do Lume.
Atentado homicida contra o ex-comandante da axencia antiterrorista Dimitris Chorianopoulou cun paquete bomba.
Intento de explosión (polo paquete bomba).
Posesión de explosivos (polo paquete bomba).

2) Spyros Mandilas:

Participación en Conspiración de Células do Lume.
Atentado homicida contra o ex-comandante da axencia antiterrorista Dimitris Chorianopoulou cun paquete bomba.
Intento de explosión (polo paquete bomba).
Posesión de explosivos (polo paquete bomba).

3) Conspiración de Células do Lume:

Incitación ao asasinato no atentado contra o ex-comandante da axencia antiterrorista Dimitris Chorianopoulou (paquete bomba).
Incitación en intento de explosión (polo mesmo paquete bomba).
Instigación á posesión de explosivos (polo mesmo paquete bomba).
Incitación á explosión (pola explosión do automóbil da directora da prisión de Korydallos, María Stefi, en xuño de 2013).
Instigación á posesión de explosivos (pola mesma explosión anterior).
Incitar a unha explosión (explosión en automóbil do carcereiro Argyris Gelbouras en xuño de 2013) .
Instigación á posesión de explosivos (pola mesma explosión anterior).
Apoio aos ataques xa mencionados.

Finalmente, as condenas foron as seguintes:

Andreas Tsavdaridis: Atopado “culpable” por catro cargos e condenado a 32 anos de cárcere dos cales deberá cumprir 21 en prisión.
Spyros Mandilas: atopado “inocente” de todos os cargos, pero a corte negouse a devolverlle os dous computadores incautados pola policía durante o asalto á Okupa Nadir.
Conspiración de Células do Lume: Todxs xs compañeirxs da CCL foron declaradxs “culpables” e condenadxs a un total de 74 anos de cárcere, dos cales 21 deben cumprir en prisión.

Negámonos a que a represión teña a última palabra nesta historia, por iso compartimos un reconto das 18 accións que desde o ano 2013 desenvolvéronse como parte do “Proxecto Fénix”:

1) Grecia (Atenas): 7 de xuño de 2013. Voado o automóvil persoal da directora da prisión de Korydallos, reivindicado por Conspiración de Células do Lume-FAI/FRI e “Pandillas da Conciencia-FAI/FRI, Célula ‘Sole Baleno’”.

2) Grecia (Atenas): 12 de xuño de 2013. Voado o automóvil persoal dun carcereiro da prisión de Nafplio, reivindicado por “Conspiración Internacional pola Vinganza”.

3) Indonesia (Yakarta) 26 de xuño de 2013. Incendio intencional na 3ª pranta do hotel de luxo Sheraton, reivindicado por “Unidade da Cólera-Conspiración Internacional pola Vinganza”.

4) Grecia (Tesalónica): 3 de xullo de 2013. Envío de paquete explosivo contra o ex comandante da unidade antiterrorista, reivindicado por “Federación Anarquista Informal-Fronte Revolucionario Internacional, Comando ‘Mauricio Morales’”. Por esta acción foron detidos os compañeiros Spyros Mandilas e Andreas Tsavdaridis (quen asumiu a súa responsabilidade na acción).

5) Indonesia (Balikpapan): 24 de agosto de 2013. Incendio intencional da Escola de Policía. “Liberdade para Kernel Mandilis e Tsavdaridis “Conspiración Internacional pola Vinganza-FAI/FRI, Célula ‘Liberdade para Mandylas e Tsavdaridis’”.

6) Grecia (Atenas): 1 de setembro de 2013. Envío de paquete explosivo contra o xuíz de apelación especial Dimitris Mokkas, reivindicado por “Conspiración de Células do Lume-Célula ‘Ryo’”.

7) Rusia (Bryansk): 2 de octubre de 2013. Incendio contra aserradeiro de madeira nos terreos dun complexo hoteleiro e de caza. Reivindicado por “Fronte de Liberación da Terra-FAI, Comando ‘Nestor Makhno”.

8) Chile (Santiago): 16 de novembro de 2013. Ataque incendiario/explosivo na 98ª Xunta Electoral na comuna de La Reina. Reivindicado por “Célula ‘Longa vida a Ilya Romanov’- Afines á Internacional Negra”.

9) México (Toluca): Do 18 de novembro de 2013, artefacto explosivo nunha iglesia e un banco no distrito de San Sebastián. 21 de decembro de 2013, artefacto explosivo-incendiario nun banco preto do aeroporto. Ataques reivindicados pola “Fracción Anti-civilización da Fronte de Liberación da Terra”, xunto á Federación Anarquista Informal (FA-FLT / FAI).

10) Indonesia (Malang): 9 de xaneiro de 2014. Ataque explosivo contra caixeiro automático, reivindicado pola “Célula ‘Sebastián Oversluij Seguel’- Conspiración Internacional pola Vinganza, Federación Anarquista Informal”.

11) Alemania (Berlín): 8 de abril de 2014,  incendio de vehículos da autoridade municipal e dunha empresa de seguridade. 24 de abril de 2014, incendio dun vehículo da embaixada pertencente a unha diplomática grega. Reivindicado por “Célula Autónoma ‘Christos Kassimis’”.

12) Indonesia: 16 de abril de 2014, incendio de dúas oficinas do Comité de eleccións xerais, en Sulawesi. 19 de abril de 2014, incendio dunha sucursal da empresa nacional de electricidade en Madiun, no leste de Xava. 23 de abril de 2014, colocación de artefacto incendiario na Compañía Nacional de Electricidade en Semarang, en Xava Central. 28 de abril de 2014, sabotaxe de dous automóbiles que estaban programados para o transporte das papeletas de votación na rexión do surleste de Minahasa, en Manado, a capital provincial. 5 e 8 de maio de 2014, ataque en tres plantas de enerxía en tres lugares diferentes. Accións reivindicadas pola “Conspiración Internacional para a Vinganza (CIV), Federación Anarquista Informal (FAI), Fronte Revolucionaria Internacional (FRI)”.

13) Italia: 7 de maio de 2014. Instalación de artefacto incendiario nunha gasoliñeira e sabotaxe a través de cortes en mangueiras abastecedoras do combustible. Reivindicado por “Conspiración do Lume Negro–FAI/FRI”.

14) Inglaterra (Bristol): 10 de xuño de 2014. Incendios contra la infraestructura de 7 antenas de telefonía móbil, reivindicado por “Cables con corrente FAI/FLT”.

15) República Checa (Olomouc): 26 de marzo de 2015. Ataque incendiario contra patrulla policial, reivindicado por “Célula Poesía de Lume FAI/FRI”.

16) Chile (Santiago): 07 de abril de 2015. Ataque con artefacto incendiario contra a empresa de explotación animal Ganadera Río Bueno, reivindicado pola “Célula Anarquista de Ataque Incendiario ‘Lume e Conciencia’- Federación Anarquista Informal/Fronte Revolucionario Internacional (FAI/FRI)”.

17) Chile (Santiago): xaneiro 2016. Ataque con artefacto incendiario contra empresa de seguridade privada. Reivindicado pola “Célula Anarquista de Ataque Incendiario ‘Lume e Conciencia’- Federación Anarquista Informal/Fronte Revolucionario Internacional (FAI/FRI).

18) Reino Unido (Bristol): 28 de xuño de 2016. Ataque incendiario contra depósito de vehículos da policía. Reivindicado como “Célula de Chuvia-FAI/FRI”.

¡SOLIDARIEDADE CON ACCIÓN MULTIFORME CONTRA TODA FORMA DE AUTORIDADE!

Para máis información sobre os obxectivos que dan vida ao “Proxecto Fénix”, ver o seguinte vídeo:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: