Por que deberíamos ensinar aos nenos a odiar á policía?

Decoración nunha casa okupada que di “Still not loving police!” (Aínda non amamos á policía!)

Tirado en inglés do número 1 da publicación “Sacking Rome: A magazine for vandals” (Saqueando Roma: Unha revista para vándalos) e traducido por Disnomia para Abordaxe!.

Por que se debería ensinar aos nenos a odiar á policía? Porque hai 2,3 millóns de persoas no cárcere nos Estados Unidos agora mesmo e cada unha delas foi posta aí por un fodido policía.

Algunha xente fala sobre policías bos e policías malos, pero un policía bo, un policía facendo o seu traballo correctamente, segue metendo a consumidores de drogas non violentos no cárcere durante moitos anos, arruinando totalmente as súas vidas xa que perden os seus traballos, as súas casas, os seus coches, as súas compañeiras sentimentais, o seu acceso á universidade, e vólvense substancialmente menos empleables unha vez liberados.

Un policía facendo o seu traballo correctamente segue poñendo multas por vagancia ás persoas sen fogar, as cales elas obviamente non poden pagar e cando unha orde é emitida como resultado un axente facendo o seu traballo correctamente arresta a esa xente sen fogar.

Un policía facendo o seu traballo correctamente rocía spray de pementa e arresta manifestantes ecoloxistas, polo que as empresas madeireiras poden deforestar bosques antigos.

Un policía facendo o seu traballo correctamente está desahuciando a unha familia da súa casa mentres ti les isto porque os traballos dos seus pais foron enviados ao estranxeiro para que así os xefes puidesen facer oito cifras ao ano en lugar de sete.

Esa xente volverase indixente, multas por vagancia serán escritas, ordes serán emitidas…

E logo están os “policías malos”.

Advertisements

2 Respostas to “Por que deberíamos ensinar aos nenos a odiar á policía?”

  1. o cartel na fachada non di ‘non sigas amando a policia’ que seria ‘ don’ t keep on loving the police’ o que di é ‘ainda non amamos a policia’

  2. Grazas pola correción! 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: