Mijail Bakunin: Unha filosofía destrutiva para construír un mundo fraterno

Na biografía escrita por Fritz Brupacher, Bakunin é considerado como le démon da révolte, un dos títulos máis axeitados para un pensador firmemente pragmático, cada unha das súas experiencias e vivencias pasaron de obxecto de estudo a obxecto de reflexión ampliada, o que converteu a varios dos seus postulados e ideas en auténticos aforismos proféticos; o papel da liberdade incuestionable na construción do socialismo coa cooperación dos grupos de campesiños e proletarios; os instintos psíquicos (desesperación, rabia e odio) a par das accións esporádicas como preámbulo catalizador para unha organización social nutrida; a explicación constante do papel dos valores éticos e humanos dentro dos movementos populares, así como as súas constantes contradicións mediante o emprego da violencia [1], desde a insurreción da Bastilla ata os enfrontamentos nas rúas parisienses pola Loi Travail de François Hollande; ou a súa emblemática análise (mal chamada “predición” polos seus seguidores) sobre o fracaso da ditadura do proletariado e a renovación tiránica da autoridade cando unha elite -mesmo obreira ou que naceu cargando caixas de froitas e legumes no mercado do barrio- toma pola forza o Estado, o seu parlamento e a súa democracia representativa, todo iso como “fundamento” político da teoría marxista.

O pensamento bakuninista é primordialmente dialéctico, confrontando constantemente principios que nunha primeira ollada parecen antagónicos e que se anularían mutuamente no seu encontro metafísico, é a tradición filosófica hegeliana a que instaurou no seu pensamento unha síntese dualista, que a diferenza do mestre do idealismo e os seus discípulos, a conversión dialéctica en Bakunin non sempre xera un terceiro concepto, ofrécenos máis respostas e preguntas audaces que atrofias nihilistas, incapaces de achegar algo útil ao imaxinario social (nin lembremos a polémica con Nechayev polo dubidoso Catecismo Revolucionario). Coas súas ideas, pode inspirar a máis temible insurreción chea de sangue e con cadáveres da burguesía regados en fileiras de varios quilómetros de lonxitude no piso, cal Terror Jacobino ou Batalla de Petrogrado, pero ao mesmo tempo, fai un chamado á conformación dunha humanidade internacional e libre para revestila de novos valores, para sanala polas tan danadas formas de emancipación á que ela mesma obrigouse a realizar, historicamente por mor dos intereses abismais entre amos e dominados.

É sinxelo exemplificar dito dualismo cun dos seus primeiros escritos durante a súa estancia en Alemaña, en crítica á pasividade de distintos grupos e escritores que adulaban as ideas de Robert Owen e Bruno Bauer [2]:

“poñamos a nosa confianza no eterno espírito que destrúe e aniquila porque é a fantasmagórica e eterna fonte creativa de toda a vida. A paixón pola destrución é unha paixón creativa” [3],

 que tampouco se extingue nas súas obras máis álxidas e maduras:

(…) “a historia aparécesenos como a negación revolucionaria, xa sexa lenta, apática, adormentada, xa sexa apaixonada e poderosa do pasado. Consiste precisamente na negación progresiva da animalidade primeira do home polo desenvolvimento da súa humanidade” [4].

Unha das máis idóneas compilacións para profundar e reafirmar a rigorosidade de Bakunin é “Tácticas Revolucionarias”, collage fragmentario das obras case descoñecidas do autor (desde brochuras ata breves textos con manchas de café madrugador), preparada polo anarco-sindicalista ruso Gregori Maximoff, dentro dos Escritos de Filosofía Política [5], con claros enfoques pedagóxicos e reflexivos para quen entrega a súa vida diaria a xerar desde as máis grandes axitacións populares ata as máis cotiás microrresistencia. Falamos da construción da REVOLUCIÓN SOCIAL.

A agulla da humanidade está pronta a terminar dentro do capitalismo global e os seus mecanismos ideolóxicos que reproducen cal fábrica fordista ao home-masa, axente predilecto e empapado nunha indiferenza xeralizada, odiando, celando e auto-conservándose na súa rutina diaria, o que Bakunin explicaría como un “partidario da morte”.

Quedaremos cun epígrafe demoledor para concluír este preludio e pensar no que fixemos da nosa vida colectiva: “En tempos de revolución, os actos falan máis que as teorías”.

Demián Reyes

——————————————————————-

[1] É por este milenario debate conceptual, o porqué engadimos tremendo fragmento na contraportada do libro: “(…) é de lamentar, por suposto, que a humanidade non inventase aínda un medio máis pacífico de progreso, pero ata agora cada paso adiante na historia só foi alcanzado á conta de moito sangue”.

En concordancia a iso e quitando os tapuzos ideolóxicos e as sensacións imperativas que afastan os criterios de verdade ao redor da violencia,  a súa “curmá”, a violencia revolucionaria non deixa tampouco de ser unha agresión conciente que agrava ao outro, e aínda entendendo a dinámica do monopolio das violencias a mans do Estado moderno, -sen perder tampouco a pista de que este non renunciará á súa estrutura de control desarmándose por gusto-, non podemos escapar da contradición exposta. O seu sistema empregou os actos máis inhumanos para antepoñerse como un muro sólido; será derrubado pola forza-reacción deses mesmos actos.

[2] Bastión dos principais “socialistas verdadeiros”. Estes reciben unha boa tunda de críticas na penúltima parte do Manifesto Comunista de Marx e Engels, (III: Literatura Socialista e Comunista), pois en efecto, mantiñan nos seus principios como algo idóneo ao uso da non-violencia e propuñan o educacionismo (a substitución das tarefas políticas e de xestión económica por meras iniciativas pedagóxicas) como a ferramenta máis revolucionaria, antes que formar agrupacións masivas de obreiros e traballadores do campo. Sería unha tolemia pensar en relacións amigables entre estes autores e os militantes fieis a Bakunin.

[3] Bakunin, Mijail (1842). A reacción na Alemaña, Deutsche Jahrbücher, escribiu este artigo baixo o pseudónimo de Jules Elisand ” -segundo James Guillame, o nome real era” Jules Elysard”- e adicouno “ás almas temperadas e indecisas no que refire ao concepto de liberdade”

[4] Bakunin (2010). Dios y el Estado, Diario Público (Biblioteca Pensamiento Crítico), España, pp. 23-24.

[5] Parte IV do Tomo II. Seu nome orixinal é “Tácticas e métodos de actuación do anarquismo”. Recomendamos amplamente a versión de Alianza Editorial.

Fonte: http://rupturacolectiva.com/mijail-bakunin-una-filosofia-destructiva-para-construir-un-mundo-fraterno/

Traducido por B.Castrón para Abordaxe!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: