[Pontevedra] Catálogo actualizado da Distribuidora Anarquista Polaris

Recibido na bandexa de correo electrónico

Ola, compañeirxs!

Dende a Distribuidora Anarquista Polaris poñémonos en contacto para comunicarvos que recentemente publicamos na nosa páxina o catálogo actualizado de todo o material do que dispoñemos na nosa distri. Levábamos tempo sen actualizalo e a verdade é que foi moito o novo material que entrou dende a última vez, así que convidámosvos, se queredes, a botarlle unha ollada por se atopades algo que vos guste ou que esperte o voso interese.

Por razóns loxísticas e de tempo xa non nos é posible (polo menos agora, tal e como estamos) montar o noso posto na rúa dúas veces por semana, como facíamos ao comezo, pero se atopades algún material que vos interese, avisádenos por e-mail e xuntas buscaremos unha maneira de que nos paguedes (cobraríamos o custo das fotocopias máis os gastos de envío) e farémovos chegar o material por Correo (ou se vos atopades en Pontevedra, Vigo, Compostela ou outras cidades intermedias, podemos tentar quedar para facer a entrega en man). Tamén podedes aproveitar algúns eventos en Centros Sociais Okupados, Ateneos e demáis espazos afíns na Galiza por se acaso imos e levamos a distri, xa que dese xeito podemos levar tamén o material que nos solicitedes e aforraríades os gastos de envío.

Ah! Estamos abertas tamén a propostas de intercambio. Se ves que non nos podes pagar, ou pensas que tes material que se cadra podería interesarnos, non dubides en poñerte en contacto. Encántanos crear dinámicas de intercambio moito máis cercanas e humanas que as xeradas normalmente por Internet, para que os fanzines circulen de man en man (ou de carta en carta)!

O listado co material pódese ler no noso blogue (clickade aquí). Os materiais están ordenados por temáticas.

Sen máis que dicir, enviamos un saudiño!

Distribuidora Anarquista Polaris – Pontevedra
· proxecto anticomercial e antiautoritario de edición e difusión de material escrito ·

cropped-Sin-título-5

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: