[Vigo] O Concello continúa ignorando os requirimentos da veciñanza sobre os cortes de auga

caballerovaledora

Comunicado da ODS de Coia:

O goberno municipal desoe á veciñanza e, dende hai uns meses, tamén á Valedora do Pobo.

O pasado 19 de abril presentabamos, ante a institución que dirixe Milagros Otero, un escrito na procura de defensa do dereito á auga en Vigo. O escrito foi admitido a trámite o 2 de maio (expediente Q/899/16). Data na que lle requiren ao concello a información pertinente para valorar a queixa. Unha primeira petición que desoe o concello que tiña 15 días de prazo para respondela.

O silencio do concello motiva que a oficina da valedora requira, o 2 de xuño, información sobre o asunto. Petición por segunda ocasión desatendida.

A valedora, o 4 de xullo, infórmanos que:

“O Concello de Vigo persiste na súa actitude de non enviar a información requirida en relación coa súa queixa, a pesar de que a demandamos en dúas ocasións.
Ante iso, pola nosa banda vímonos obrigados a recordar de novo ao citado concello o seu deber de colaborar ao rápido esclarecemento da situación que nos expón na queixa (art. 26.1 da Lei do Valedor do Pobo)”.

Até en tres ocasións a valedora requiriu información a un goberno que enche a boca falando de transparencia.

Mentres o concello cala ante as peticións da valedora, ofrece roldas de prensa para anunciar un convenio con Aqualia. Acordo polo cal a empresa dedicará 30.000€ para asegurar a subministración de auga a fogares desfavorecidos. Pura propaganda, pura mentira.

A auga é un dereito e os dereitos non se cortan! Abonda xa de negocios coas nosas necesidades!

Xullo 2016
ODS-Coia

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: