CNT acusa CIG e UGT de cumplicidade com práticas empresariais de Médicos Sem Fronteiras

A ONG Médicos Sem Fronteiras estivo envolvida recentemente em práticas de discriminaçom laboral por razom de nacionalidade.

Num comunicado enviado para o Diário Liberdade, a CNT acusa as e os delegados vinculados a CIG e UGT de “cumplicidade” com as “políticas laborais abusivas e precárias” da ONG. A seguir, reproduzimos as explicaçons da CNT:

Desde a Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras denunciamos publicamente a complicidade que manteñen as dúas delegadas e o delegado de persoal, pertencentes aos sindicatos CIG e UGT, coas políticas laborais abusivas e precarias da empresa.

O apoio incondicional das e do respresentante do persoal de CIG e UGT xa non é nin disimulado. Na última acta enviada ao plantel explican como MSF non foi condenada por discriminación así como que a xuíza desestimou calquera indemnización por danos morais, mantendo así a versión “oficial” da empresa, como expresan na acta da reunión de delegados/as de persoal do pasado 23 de xuño:

tratando la sentencia judicial de discriminación por nacionalidad que fue admitida parcialmente por el juez, por lo cual MSF debe cambiar los contratos de nuestros compañeros a indefinidos. El juez no apreció ninguna discriminación por causa de nacionalidad ni la necesidad de una indemnización por daños morales.

Desde a Sección Sindical da CNT recordamos que MSF foi condenada por discriminación ao vulnerar o Artigo 14 da Constitución. Textualmente a sentenza indica:

Se estima la demanda interpuesta por doña XXX  y don XXX y en consecuencia, declaro que ha sido vulnerado su derecho fundamental (artículo 14 Constitución), debiendo cesar la conducta de la demandada MSF de negar a los actores, en tanto que extranjeros con autorización de estancia de estudios, la conversión del contrato en indefinido

Así coma que as persoas afectadas polo trato discriminatorio da empresa renunciaron a calquera tipo de indemnización económica por danos morais na demanda presentada, non así aos gastos ocasionados pola actitude discriminatoria da empresa.

Non obstante, os demandantes acreditan firmemente na función social da organización demandada e traballan para que unha mellor financiación da mesma redunde en beneficio das persoas que por motivos de guerra ou pobreza atópanse en situacións de perigo, inseguridade e carencia de recursos. Os actores acreditan que a organización demandada debe obter e manter recursos económicos coa finalidade de poder manter as súas funcións e  que as persoas que traballan en lugares de conflito podan ter recursos suficientes. Por este motivo os actores non desexan mermar a capacidade económica de MSF, reducindo o importe da indemnización adicional para o caso de estimación da presente demanda, dada a ausencia de custas procesúais na xurisdición social, á contía que o baremo do Colexio de Avogados establece para o presente proceso, debido á necesidade de contratar a un avogado  provocada pola actitude discriminatoria da empresa, e aos escasos recursos dos actores. Toda vez que se trata dunha soa demanda pese a ser dous os actores, limítase a cantidade solicitada a dito baremo por un só proceso. Por iso se solicita en concepto de indemnización á cantidade de 800 euros (Norma 243 ICA Santiago).
En fin, esta parte desexa deixar clara que non pretende outra cousa que o restablecemento dos dereitos que lle corresponden e que a necesidade de acudir a un proceso para defender os seus dereitos fundamentais non lles cause un perxuízo económico.

A actitude de Médicos Sin Fronteras é negar ante o seu persoal calquera condena por discriminación facendo fincapé na desestimación da indemnización para desprestixiar a acción sindical manchándoa dun interés monetario, obviando que se enfrontaban a unha multa de ata 187.000 euros.

Así a versión “oficial” da empresa non é máis que unha lectura sesgada e torticeira da sentenza condenatoria, amplificada e difundida coa complicidade das delegadas/o de persoal de UGT e CIG que sen ler a demanda nin a sentenza (nin interesarse en escoitar á parte demandante) divulgan as mentiras de Gemma Ramos, coordinadora de RRHH de MSF.

Non a primeira vez que na Sección Sindical de CNT somos testumuñas deste claro aliñamento da representación unitaria e a empresa. O que non fai máis que constatar que as elexidas e o elexido nas eleccións sindicais son un mero apéndice da empresa e claros opositores á loita sindical e a reclamación dos dereitos das traballadoras e traballadores. Xa o tiñamos claro cando as súas candidaturas recibiron o voto de altos cargos como a delegada de Médicos Sin Fronteras de todo o noroeste do estado e que nin sequera pertence ao mesmo departamento.

Por outra banda, estas persoas están a desinformar ao plantel acerca da outra sentenza que condena a MSF a rectificar a modificación unilateral das nóminas en contra do convenio colectivo de aplicación. Isto repercute no salario das persoas traballadoras impedindo subas de salario e pagamento de complementos correspondentes. Así como expresan na acta da reunión de delegados/as de persoal do pasado 23 de xuño: “MSF tiene que volver a utilizar los antiguos conceptos o los más similares posibles para que el resultado final de la cuantía de la nómina (entorno a unos 30 céntimos) no se vea alterado”.  A trampa nas nóminas á que lle restan importancia ronda dende os 72 ata os 343,75 euros anuais.

A súa ignorancia e servidumbre empresarial levaron á delegada e ao delegado da CIG a asinar unha carta en contra da Sección Sindical da CNT, promovida por un cargo intermedio da empresa, confundíndonos coa representación unitaria, así como manifestando a súa conformidade cunha cláusula de rendemento abusiva, contra a que CNT interpuxo conflito colectivo, pola que máis do 90 % do plantel é amonestado mensualmente e que provovou despidos disciplinarios (gratuítos) que afectaron a máis de 200 traballadores/as de MSF en dous anos, só en Galiza.

A delegada da CIG perde os papeis facilmente cando reclamamos os nosos dereitos, chegando nunha asamblea aberta, organizada pola Sección Sindical, a tirar as súas cousas ao chan e berrar “¿Qué queréis? ¿Qué queréis? ¿Un curro estable? ¡Pues este es un curro de mierda! ¡Si queréis un curro estable meteos a dependientes!”.

A delegada da UGT, cargo intermedio na empresa, participa activamente nos despedimentos das persoas traballadoras en Vigo. Lugar onde casúalmente algunha traballadora recibiu unha chamada dende RRHH para informarlle de que ía a haber eleccións sindicais e que debería presentarse pola UGT.

Dende a Sección Sindical da CNT denunciamos a política e o posicionamento en contra dos dereitos das traballadoras e traballadores que levan a cabo as e o representante de persoal. Así querémoslle dar relevancia á súa falta de interés acerca dos conflictos interpostos polas traballadoras e traballadores que simulan representar, atendendo únicamente á versión empresarial e defendéndoa a ultranza aínda cando é condenada pola xustiza. En ningún momento a representación unitaria se interesou pola situación das persoas discriminadas, así como por calquera outro conflicto interposto contra Médicos Sin Fronteras, senón que abertamente mostraron a súa oposición ao sindicalismo combativo e a súa simpatía ca empresa.

Desde a Sección Sindical da CNT seguiremos loitando para mellorar as deplorables condicións laborais as que somos sometidas as persoas traballadoras en Médicos Sin Fronteras. Seguiremos demandando os nosos dereitos e denunciando as prácticas abusivas da empresa, evitando os despedimentos masivos que ata agora se viñan producindo. Namentres, as delegadas e o delegado dos sindicatos amarelos UGT e CIG, poderán usar as súas horas sindicais e demáis privilexios en complacer á empresa e en pedir chalecos de reposto.

Recordamos que estes sindicatos carecen de implantación en MSF e a súa representación non respecta o traballo sindical nin ás sentencias xudiciais favorables as persoas traballadoras e que basean a súa existencia en facerlle o xogo á ONG Médicos Sin Fronteras. Por todo isto, desde CNT esiximos a dimisión das delegadas e do delegado de persoal de UGT e CIG en MSF.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: