Saen en liberdade os compañeiros arrestados no CIE de Niza
Na tarde do pasado martes 28 de xuño, tras dúas audiencias nos tribunais, saíron en libedade Vicenzo, Andre, Arturo e Rafael (os 4 compas italianos encerrados no Centro de Detención Administrativo de Niza tras o desaloxo da vella aduana do paso de Fanghetto, fronteira italo-francesa) sen expulsión do territorio do Estado francés e sen condena nin medidas restrictivas.
Un saúdo rebelde ás loitas que se realizarán contra as fronteiras, contra os cárceres e contra a nocividade! Continuemos coa solidariedade, continuemos a loita contra o réxime de fronteira que organiza batidas, confina e deporta, e contra a devastación do Val Vermello!
Informa B.Castrón
Deixar unha resposta