[A Coruña] Concentración de Stop Deshaucios en apoio dunha afectada polo Santander

Comunicado de STOP DESHAUCIOS A CORUÑA:

O martes 12 de xullo, ás 10.45h, concentrarémonos diante dos xulgados en apoio de Lola, compañeira que ese mesmo día acudirá a unha vista do seu procedimento de execución hipotecaria, demandada polo banco Santander. A pesares da publicidade institucional que nos quere facer pensar que os bancos xa non desafiúzan, comprobamos que nada máis lonxe da realidade:Santander, Abanca, BBVA e demáis seguen aproveitando a posición de poder que lles outorgan uns contratos hipotecarios repletos de cláusulas abusivas para abalanzarse sobre a xente hipotecada ó mínimo impago.

Esta abusividade das cláusulas debería ser revisada de oficio polos xuíces, pero o que nos atopamos, polo menos a nivel local, é que esta revisión ou ben non se produce, ou ben non profundiza nos contratos, obviando as indicacións de institucións de referencia como o Tribunal Supremo ou o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Este último leva xa tempo dando toques de atención ó sistema legal e xudicial español, sinalando a abusividade literal de cláusulas como a de VENCIMENTO ANTICIPADO (cláusula sexta bis presente na práctica totalidade dos contratos hipotecarios, e base sobre a que se inician os procedementos de execución que dan lugar ós desafiuzamentos xa que permite que os bancos podan reclamar non só as cuotas vencidas, senon tamén todas as que están por vencer polo simple feito de incumprir o pago total ou parcial dunha cuota ou a parte dos intereses da mesma). O pasado 28 de maio, a propia Unión Europea afirmou que abrirá un procedemento de infracción contra España se non modifica a Lei Hipotecaria e a adapta á lexislación europea

É por isto que, tras a concentración de apoio a Lola, presentaremos un escrito ó Xuíz Decano no rexistro do xulgado instándolle a tomar posición: non se pode seguir tolerando a dramática situacíón para miles de familias que temen perder a súa vivenda sen que polos Xulgados, coñecedores desta realidade, se adopten todo tipo de medidas de protección, incluíndo a comprobación da lexitimidade das entidades financieiras para instar o procedemento, pois é certamente dificultoso para o deudor-afectado poder localizar e saber quen é o titular ou titulares do seu préstamo hipotecario debido á opacidade da actividade das titulizacións.

Nestes últimos anos, a meirande parte dos Xulgados españois, baseándose nunha lexislación procesal que non respecta a adecuada protección e que merma os dereitos de defensa do executado, permitiron que as entidades financieiras actuasen de forma socialmente inadmisible, tolerando prácticas financieiras opacas e amparando a vulneración dos dereitos humáns recoñecidos nos Tratados e as leis de aplicación directa en todo o Estado, chegando a unha situación social límite.

O caso de Lola é, desgraciadamente, un máis dos centos de miles que se están a dar a nivel estatal. Os colectivos sociais levamos anos sinalando a inxustiza do sistema legal español, acadando coa nosa mobilización non só que se paren desafiuzamentos in extremis ou dacións en pago que alivien considerablemente a carga das persoas hipotecadas, senon tamén, a través de litixios estratéxicos e sentencias pioneiras, que as institucións europeas (e agora cada vez máis tribunais do estado español) se pronuncien en favor dos dereitos das persoas afectadas, pisoteados sistematicamente pola actuación depredadora dos bancos e dos gobernos cómplices.

Agardamos con estas accións que o Xuíz Decano e os xulgados da cidade tomen conciencia por fin da situación que se está a sufrir e da súa responsabilidade dentro dela, e que pasen a informarse das novidades xudiciais e actuar en consecuencia.

¡NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: